Skip to main content

Noticias

  • A nosa comunidade rexistrou no verán de 2022 preto de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites en aloxamentos turísticos, o que mellora os datos de 2019 nun 12,4% e os do ano pasado nun 14,7 %, e supón un récord absoluto do sector turístico galego. Deste xeito, Galicia supera en sete puntos os rexistros globais do Estado, e é unha das comunidades onde o crecemento é máis elevado. Cabe destacar que o 81% desta demanda provén do turismo nacional (de toda España), con importantes subas nos turistas procedentes de Madrid, Andalucía e León. O turismo interno (da nosa comunidade) acada tamén cifras récord, con 570.000 noites no ámbito hoteleiro.
  • Galicia é a comunidade autónoma que máis candidaturas presenta para ser recoñecidas co distintivo de Sendeiros azuis, un galardón que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede desde hai varios anos para recoñecer o papel das sendas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e interpretar ambientalmente a contorna. Galicia presenta un total de 35 candidaturas, das que 22 corresponden á provincia de Pontevedra, 7 á da Coruña, e 6 á de Lugo. A nivel estatal, preséntanse un total de 106 candidaturas en 20 provincias cunha extensión total de 589 quilómetros.
  • Con esta concesión, será o gran embaixador da celebración do 30 aniversario do primeiro Xacobeo civil e do 30 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco. A vinculación de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe co Camiño iniciouse na súa etapa como conselleiro de Relacións Institucionais e portavoz do goberno, cando creou e dirixiu o Plan Xacobeo 93, o maior programa de promoción cultural e turística de Galicia do século XX, xerme dos seguintes plans de promoción, que a Xunta impulsou con motivo dos anos santos composteláns 1999, 2004, 2010 e 2021/22.  
  • Galicia recibiu onte un total de 18 estrelas Michelin para 16 restaurantes galegos, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos. Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.
  • Os traballos de posta en valor da zona arqueolóxica de Adro Vello mostran un xacemento moi rico onde se visualizan 18 séculos da historia de Galicia. Así se desprende dos primeiros resultados deste proxecto impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Universidade de Vigo que o vindeiro sábado se exporán nas xornadas 'Adro Vello. Pasado, presente e futuro'. Nesta cita, na que participan diferentes especialistas como profesores, arqueólogos, investigadores ou antropólogos, daranse a coñecer os traballos feitos o pasado verán por unha vintena de investigadores nun dos xacementos máis senlleiros da arqueoloxía galega das últimas décadas. 
  • Galicia rexistrou este ano máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites no conxunto dos aloxamentos turísticos galegos, cifras que superaron nun 12,4% a cifra de viaxeiros do ano 2019. Destaca de todos eles o turismo interno -dos residentes en Galicia- que superan os niveis de demanda dos últimos anos, rexistrando 570.000 noites só no ámbito hoteleiro, -a cifra máis elevada da serie histórica. Marcan tamén dinámicas positivas os turistas procedentes de Madrid, Andalucía e Castela e León, con incrementos tanto en relación ao pasado ano como en comparación co 2019.
  • A mostra, que se poderá ver durante todo o mes de novembro no museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, recolle as postais realizadas no Camiño de Inverno polo ilustrador galego Miguelanxo Prado e a xornalista visual norteamericana Rita Sabler. No proxecto 'Camiñamos para parar', durante nove días de setembro, os dous artistas percorreron o Camiño de inverno, dende O Barco de Valdeorras ata Santiago. Armados coas súas acuarelas e papel, reflectiron nunhas ilustracións en forma de postais todo aquilo que lles chamou a atención durante a súa peregrinación, desde igrexas e edificios singulares ata pequenos detalles da paisaxe e da xente.
  • Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos e a Xunta avanza que as perspectivas meteorolóxicas de cara a combater a situación de seca son boas. A precipitación media acumulada en outubro foi de 226 l/m3 (un 37% superior ao valor climático normal), e ademais desde o punto de vista climatolóxico, novembro é o segundo mes máis chuvioso do ano, soamente superado por decembro, polo que, de cumprirse a previsión de normalidade, as chuvias serán bastantes cuantiosas nestas semanas. No que atinxe ás temperaturas, durante o pasado mes de outubro estiveron 3º C por riba da media climática 1981-2010 (17,5ºC fronte a 14,5ºC).
  • O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) xa está certificado como destino de ecoturismo, que o converte no primeiro parque nacional de todo o país en obter este recoñecemento oficial ao seu traballo a prol da calidade e da sostibilidade turística dentro das áreas e espazos naturais amparados por algún tipo de protección. Así se deu a coñecer no VI Congreso Nacional de Ecoturismo, que se celebra no Pazo de Mariñán, escenario escollido pola súa localización dentro da Reserva de biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, que exerce de anfitriona e foi o primeiro destino de ecoturismo certificado en Galicia.
  • A Cidade da Cultura acolle os foros do proxecto 'Eurorrexión destino turístico intelixente' (EDIT) liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). No proxecto EDIT participan, ademais, a Axencia Turismo de Galicia, Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Universidade do Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a asociación CCG/ZGDV Centro de Computación Gráfica. Entre os obxectivos do proxecto EDIT está o de normalizar os datos procedentes de sensores de Galicia e o Norte de Portugal que permitan controlar, analizar perfiles e xestionar os fluxos turísticos.