Skip to main content

Noticias

  • O primeiro Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos destaca tanto polo seu valor cartográfico como pola compilación de 83 ortofotos históricas e actuais que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren as diferentes rutas xacobeas ao longo dos últimos 50 anos. Tamén inclúe 241 fotografías nun volume de 770 páxinas agrupados en 65 capítulos, nun formato único cunha narración a 4 páxinas en tres idiomas que, grazas ao fío condutor do Camiño de Santiago, permite coñecer as diferentes paisaxes galegas.
  • Galicia rexistrou un mes de setembro cálido e cun volume de precipitacións que se moveu dentro dos valores habituais na Comunidade para esta época do ano. Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a temperatura media situouse 0,6 graos por riba do valor histórico do período de referencia 1981-2010, concentrándose a anomalía máis acusada nas mínimas, que foron 1,1 graos máis altas do agardado. No que respecta ás precipitacións, os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade reflicten que choveu un 1% menos do habitual para este mes, polo que o período pode considerarse normal.
  • A Biblioteca de Galicia inaugurou a exposición 'Ano Santo: o rexurdimento dun Camiño para todos e todas', que percorre a evolución do fenómeno xacobeo desde 1954 ata a actualidade. A través de máis de 45 pezas dos fondos custodiados no Gaiás, desde libros, folletos e periódicos ata calendarios e vídeos, a mostra bibliográfica permite ao visitante achegarse a un acontecemento determinante nas últimas décadas da historia económica, social e cultural de Galicia, desde a perspectiva da documentación impresa e visual.
  • 2022 foi un ano histórico para o turismo en Galicia con récord de peregrinos e unha ocupación hoteleira nunca vista no mes de agosto. Esta semana superouse a barreira das 348.000 compostelas do total de 2019, o ano con máis peregrinos desde que hai rexistros. Tendo en conta a progresión de afluencia no segundo ano do Xacobeo, podería pecharse o 2022 coa extraordinaria cifra de 400.000 peregrinos. En canto aos datos de ocupación hoteleira no mes de agosto, acadouse un máximo de viaxeiros e de pernoitas e un nivel de recuperación respecto do 2019 por riba da media de España.
  • Foi presentada a quinta edición do Festival Underfest SON Estrella Galicia que chega de novo ás salas vigueses entre o 22 e o 24 de setembro como referencia do outono musical galego. Os escenarios escollidos nesta ocasión para este festival cun total de 18 artistas son o Auditorio Mar de Vigo, o Museo MARCO, a Sala Kominsky, La Iguana, Mogambo, Radar, Reserva e Masterclub. O británico Michael Kiwanuka, recoñecido como unha das mellores voces do soul actual e encomiado por prensa e público, encabeza o cartel desta edición. Ademais, existirán interesantes propostas como a dos belgas Goose, o londinense PM Warson, a espectacular cantante americana Sarah McCoy ou os suecos Diamond Dogs.
  • A Sala Ártika ofrecerá até final de ano 50 funcións a cargo de 23 compañías diferentes, tanto de procedencia galega coma do exterior. O recinto situado na rúa Beiramar da cidade olívica incluirá, ademais, actuacións enmarcadas en tres festivais e ciclos diferentes: o III Comediátriko, o XX Circuíto da Rede Alternativa de Teatros e o VIII Festival Pequeártiko de Nadal.
  • O cantante e compositor Amancio Prada ofrecerá este verán catro concertos en espazos monumentais de Galicia, concretamente nos concellos de Santiago de Compostela, Meis, Agolada e Noia. A primeira das citas terá lugar este sábado 27 na igrexa de San Martiño Pinario, onde o artista ofrecerá un recital dedicado por completo a vida e obra de Rosalía de Castro con poemas musicados como Adiós ríos, adiós fontes, Como chove miudiño ou Airiños, aires. Desde 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro, cuxa obra coñeceu por primeira vez con 19 anos e vivindo en Castela e León.
  • OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de seis concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.
  • O documento, un estudo específico que integra perspectiva de xénero e Camiño de Santiago, pon de manifesto a alta presenza de mulleres nas peregrinacións que se converteu, segundo sinala, nun destino atractivo a partes iguais para homes e mulleres, no que as mulleres foron cobrando máis protagonismo. Así, desde 2013 a 2019 (anos completos analizados, excluíndo 2020 e 2021 pola pandemia), o número de mulleres peregrinas foi aumentando ata ter máis presenza feminina que masculina en 2019 cun 51,16% de mulleres participantes fronte ao 48,84% de homes. O 2018 foi o primeiro no que as rutas oficiais tiveron máis presencia de mulleres que de homes.
  • Festaclown regresa a Vilagarcía de Arousa do 17 ao 21 de agosto cunha vintena de actuacións de compañías e artistas de referencia no mundo do circo, tanto dentro como fóra de Galicia. Durante cinco días sucederanse en diferentes espazos da localidade espectáculos de acrobacias, música, narración e clown, que conforman no seu conxunto un amplo programa escénico. O espectáculo inaugural celebrarase o mércores 17 de agosto ás 11,00 h. na praza de Galicia, da man de Pallasos en Rebeldía, Desastronauts e Clámide coa colaboración especial do Centro de Atención Integral Princesa Leticia Amencer.