Skip to main content

Noticias

  • Galicia mellorou tamén as súas cifras con respecto ao conxunto do Estado, cunha ocupación oito puntos maior respecto da media e manténdose como o sétimo destino máis importante, unicamente por detrás de Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. Por outra banda, este ano avanzouse na desestacionalización do sector, conseguindo cifras nunca acadadas. Así, explicou que o 38% da demanda concentrouse na temporada alta -meses de xullo e agosto-, ficando a porcentaxe restante repartida entre a temporada media -o 38%- e baixa -co 24% neste caso-.
  • Galicia volveu colleitar éxitos na 43ª edición da Feira Internacional de Turismo ao manter un dos stands con máis actividade, acadando récords de asistencia nos 5 días que durou a feira e consolidándose como un punto de encontro para o sector turístico e amosando a Galicia como un referente en turismo sostible e de calidade, sendo recoñecido como un dos premiados na categoría “Stand sostible”. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o Premio Excelencias aos Concertos do Xacobeo.
  • A Xunta de Galicia clausurou a edición do 2023 de Fitur en Madrid poñendo en valor as festividades da comunidade como a mellor mostra dos seus recursos culturais e gastronómicos. O stand de Turismo de Galicia en Ifema, que rexistrou moi boa asistencia nos tres días que durou a Feira Internacional de Turismo, pechou esta última xornada coa exposición Un ano de festas. Neste percorrido polas principais celebracións do mapa galego presentado pola influencer Tamara García , a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os delegados territoriais da Xunta, enxalzaron o seu alto atractivo para o desenvolvemento turístico de Galicia.  
  • A temperatura media foi de 14,9 graos, un valor considerado como extremadamente cálido e rexistrándose, ademais, unha anomalía positiva de 1,4 graos con respecto aos valores esperados. Deste xeito, houbo meses extremadamente cálidos como maio e xullo. Neste último mes produciuse unha vaga de calor histórica superando os termómetros os 40º en moitos puntos da Comunidade. E, ademais, o día 14 de xullo vivimos un evento chamado Sistema Convectivo de Mesoescala, que xerou unha área tormentosa do tamaño de Galicia que deixou máis de 6.000 raios en 4 horas.  
  • As chuvias rexistradas nas últimas semanas permitiron desactivar o estado de seca prolongada en toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica. Na xuntanza da Oficina Técnica da Seca celebrada hoxe, presidida pola directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e na que tamén participaron Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, confirmouse a melloría da situacións tras as chuvias intensas rexistradas nas últimas semanas. A consolidación dos indicadores favorables do mes de novembro, coas precipitacións de decembro, permitiron recuperar os valores de normalidade en canto a chuvia rexistrada, superando a situación de seca prolongada que se mantiña activa aínda nalgúns sistemas da demarcación.
  • Nos primeiros once meses deste ano, Galicia rexistra preto de 6,3 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 12 millóns de noites no conxunto dos establecementos de aloxamento, segundo os datos do INE –hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues-, o que supón as cifras máis elevadas da serie histórica. Galicia supera nun 41% os rexistros do mesmo período do pasado ano para situarse novamente por riba do nivel prepandemia, cun incremento do 3,0% no nivel dos primeiros once meses de 2019. 
  • Clausurouse a segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos Turislab, que rematou con 8 startups seleccionadas entre as 117 presentadas. As 8 startups finalistas participaron durante oito meses nun programa de formación nas instalacións de Turislab, no complexo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e contaron tamén co apoio de titores, mentores e expertos colaboradores. Ademais, tiveron a ocasión de darse a coñecer no Investors Day ante investidores privados que poden estar interesados en financialas para potenciar a súa competitividade. Das 8 propostas que participaron no proxecto da Aceleradora en 2022, foron distinguidas Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse, ademais de Tric Track Circuítos Permanentes, recoñecida coa distinción Talento emprendedor.
  • Galicia rexistrou un outono moi cálido e moi húmido segundo o Informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia que foi presentado hoxe pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez. Segundo o informe, o outono de 2022 foi moi cálido cunha temperatura media de 15,9 ºC, o que supón unha anomalía positiva de +1,4 graos con respecto á media da serie histórica 1981-2010. Sagrario Pérez explicou que isto se debeu principalmente a que as temperaturas mínimas foron moi cálidas –sobre todo no mes de outubro (+1,9 ºC) mentres que as máximas foron cálidas (+1 ºC).
  • A nosa comunidade rexistrou no verán de 2022 preto de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites en aloxamentos turísticos, o que mellora os datos de 2019 nun 12,4% e os do ano pasado nun 14,7 %, e supón un récord absoluto do sector turístico galego. Deste xeito, Galicia supera en sete puntos os rexistros globais do Estado, e é unha das comunidades onde o crecemento é máis elevado. Cabe destacar que o 81% desta demanda provén do turismo nacional (de toda España), con importantes subas nos turistas procedentes de Madrid, Andalucía e León. O turismo interno (da nosa comunidade) acada tamén cifras récord, con 570.000 noites no ámbito hoteleiro.
  • Galicia é a comunidade autónoma que máis candidaturas presenta para ser recoñecidas co distintivo de Sendeiros azuis, un galardón que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede desde hai varios anos para recoñecer o papel das sendas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e interpretar ambientalmente a contorna. Galicia presenta un total de 35 candidaturas, das que 22 corresponden á provincia de Pontevedra, 7 á da Coruña, e 6 á de Lugo. A nivel estatal, preséntanse un total de 106 candidaturas en 20 provincias cunha extensión total de 589 quilómetros.