Skip to main content

Noticias

  • O SonRías Baixas de Bueu recupera neste 2022 o seu gran formato e ofreceralle ao público entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de nomes destacados do panorama musical actual. O SonRías Baixas dividirá en tres xornadas o seu programa, que inclúe unha cifra significativa de mulleres para continuar un ano máis coa súa decidida aposta para fomentar unha industria musical igualitaria en Galicia. O festival abrirá na noite do xoves cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool Nenas, que subirán ao escenario nun día en que tamén actuarán o rapeiro Rels B e Maurino.
  • Algunhas das propostas estrelas do festival serán as galas de maxia internacionais nas 7 grandes cidades galegas, os retos de maxia extrema en localizacións emblemáticas tamén nas principais cidades da comunidade, os espectáculos de maxia nas unidades de pediatría dos principais hospitais galegos e ademais levarase a cabo unha xira de maxia na rúa con espectáculos en máis de 100 concellos de Galicia. En total terán lugar 220 actuacións con máis de 30 artistas e concretamente, na provincia da Coruña estes espectáculos chegarán a 33 concellos, na oportunidade de poder ver nos principais teatros de Galicia a mellor calidade posible e os números máis premiados e recoñecidos por ilusionistas de todo o mundo.
  • A 35 edición do festival Noroeste Estrella Galicia encherá de boa música a cidade da Coruña entre 10 e o 14 de agosto, con 49 bandas, 51 concertos e 10 escenarios espallados por toda a cidade para darlle un carácter máis universal para chegar a todas as zonas da cidade. Estarán, entre outros, Baiuca e Zahara (Riazor), Dios ke che crew (Santa Margarita), Miguel Costas e Familia Caamagno (Campo da Leña), Néstor Pardo e Alfredo García (Plaza de Azcárraga), Nara is Neus & Sasha Smirnov, Musculo e CRNDS (Fundación Luís Seoane), Uxía Pedreira (Castillo de San Antón), Antonio Placer (Casa Casares Quiroga), Toccoro e Judah (A Cormelana), Festicultores e Brasica Rapa e moitos máis.
  • Presentouse o cartel do Festival Neox Music Day que será un referente ‑nesta segunda edición‑ da música urbana xa que contará coa participación dos artistas deste estilo de música de maior renome de ámbito nacional e internacional. Estamos a falar dun cartel composto por: Bizarrap, Hijos de la Ruina, Rels B, Bad Gyal, Ptazeta, Quevedo, D.L.Blando. A súa montaxe, en Expocoruña, engadirá un atractivo especial, tanto a nivel de condición acústicas como para poder sentir aos artistas na proximidade, factores ambos que darán un toque especial e peculiar ao festival.
  • A Xunta de Galicia, a través do Comité de Plan de Calor, e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa que o martes 19 se desactivará en toda a comunidade a alerta por vaga de calor, iniciada o pasado día 8 de xullo. Neste senso, na xornada de hoxe soamente as zonas do Centro, Montaña e Sur de Lugo; e as de Montaña, Valdeorras e Sur de Ourense; permanecen no nivel 1 de alerta por vaga de calor. O resto zonas,xa contarándesde hoxe con temperaturas normais para esta tempada do ano.
  • A sexta edición do 17º Ribeira Sacra Festival ampliará neste 2022 a súa duración ao incorporar unha cuarta xornada ao seu programa. O cartel deste ano repartirá así entre o xoves 28 e o domingo 31 os concertos de 15 bandas que conforman unha selección de propostas de calidade, tanto do panorama nacional coma do internacional. Bandas e solistas como os británicos The Hanging Stars, os escoceses Teenage Fan Club, os israelís do grupo Lola Marsh, o vasco Amorante, a madrileña Alicia Wonder ou cataláns Manel actuarán nos diferentes escenarios.
  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios pon en marcha hoxe a súa programación para o segundo semestre, durante o cal se celebrarán 201 actuacións escénicas e concertos nos 37 concellos adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos que promove e coordina a Xunta. Deste xeito, superaranse no cómputo anual as 500 actuacións de teatro, maxia, danza, circo e música que ofrecerán 181 formacións artísticas no 2022 ao abeiro desta rede cofinanciada coas entidades locais asociadas, para o que se dispón dun orzamento global que supera os 1,8 millóns de euros.
  • Galicia rexistrou un mes de xuño normal en canto ás temperaturas e húmido no que respecta ás precipitacións, xa que segundo os datos obtidos nas principais estacións meteorolóxicas da Comunidade choveu de media un 78% máis do habitual neste mes. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que resalta que o pasado xuño foi un período moi marcado polas chuvias e con temperaturas que se moveron dentro dos valores agardados, aínda que con algún episodio de aire cálido, como o ocasionado pola masa procedente do norte de África que chegou a Galicia a mediados de mes.
  • Galicia espera unha ocupación entre o 75% e o 90%, acadando as mellores cifras na primeira quincena de agosto, segundo o informe presentado polo Clúster de Turismo de Galicia que levou a cabo unha consulta aos seus asociados, principalmente do sector hoteleiro, co obxectivo de coñecer as previsións do sector turístico galego para os meses de xullo e agosto. A recollida da información tivo lugar de forma telefónica os días 29 e 30 de xuño. As perspectivas son optimistas para o conxunto de Galicia, tendo en conta a recuperación do Camiño de Santiago e e dos turistas estranxeiros. Na provincia de Pontevedra agárdase acadar cifras similares ás de 2019, con ocupacións entre o 80 e o 90% no mes de agosto.
  • O Presidente Alfonso Rueda, trasladoulle ao Rei Felipe as prioridades da Xunta ante este novo comezo de lexislatura, que son, dixo, as de todos os galegos e galegas, e aseguroulle que Galicia seguirá a contar cun goberno estable, responsable e constitucionalista. Tamén que estará centrado en axudar a familias e empresas ante a incertidume económica e o encarecemento de prezos, en fortalecer os servizos públicos e en aproveitar ao máximo os fondos europeos para modernizar o noso tecido produtivo. "Temos magníficos proxectos que van cambiar o mercado de traballo e suporán un impacto moi importante neses territorios".