Skip to main content

Noticias

  • A nosa comunidade situouse en 25 puntos por riba da media nacional en canto á recuperación da actividade turística con 3,5 millóns de viaxeiros e 8 millóns de noite, e con case 180.000 Compostelas entregadas fronte ás 140.000 previstas. O modelo de turismo tranquilo en espazos abertos que buscan os viaxeiros pospandemia converteu á comunidade nun destino de moda o ano pasado e ao Camiño de Santiago nun reclamo turístico neste Ano Santo. A isto axudaron iniciativas como o seguro coronavirus, o bono turístico ou o traballo de promoción a través da campaña Camiña a Galicia.
  • Este stand acollerá medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos da nosa comunidade nun espazo de máis de 1.000 metros cadrados no que se presentará a Galicia como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central. A 42ª edición da feira internacional de turismo se celebrará de xeito presencial do 19 ao 23 de xaneiro, os tres primeiros días para profesionais do sector e a fin de semana, para o público en xeral. Tamén haberá mostras de produtos enograstronómicos galegos de calidade coa participación de profesionais e de persoal de Centro Superior de Hostelería de Galicia.
  • Galicia rexistrou un mes de decembro normal en canto ás precipitacións e moi cálido no que respecta aos termómetros, ata o punto de que a temperatura media obtida nas estacións máis representativas da Comunidade se situou 2,1º por riba do agardado. Esta anomalía térmica, de feito, fixo que o mes pasado fora o terceiro máis cálido da serie histórica de referencia 1981-2010. Estas son as principais conclusións do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que subliña tamén que decembro tivo tres partes moi diferenciadas, cun período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas, con ambiente húmido e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada de novo polas borrascas, aínda que neste caso con vento do sur e temperaturas elevadas.
  • Galicia pechou 2021 con máis de 178.900 Compostelas seladas no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, o que confirma a reactivación do Camiño de Santiago superando tódalas expectativas. A previsión para este ano era chegar ás 140.000 credenciais, unha cifra que xa se acadou o pasado setembro e que se superou con case 40.000 máis no último trimestre. Tras o espectáculo videomusical conducido polo gaiteiro Carlos Núñez na Praza da Quintana para dar a benvida á segunda parte deste Xacobeo 21-22, a Porta Santa continuará aberta outros 365 días.
  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, reuníronse con representantes das forzas e corpos de seguridade para coordinar o dispositivo de control das medidas contra a covid, tendo en conta as restricións aprobadas polo comité clínico e as acordadas nas reunións con representantes da hostalería e o do lecer nocturno. Será obrigatorio solicitar o certificado covid para acceder aos locais de hostalería durante todo o día.
  • A Xunta acordou esta tarde co ocio nocturno as medidas a adoptar durante o Nadal debido á covid. Os negocios poderán elixir entre abrir a fin de semana de Fin de Ano, entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro -ambos incluídos-, ou optar a unha liña de axudas con distintos tramos en función dos metros cadrados de cada local. Tanto nesta fin de semana de Fin de Ano como desde o 3 ata o 18 de xaneiro todos os locais do sector poderán abrir ata as 03,00 da madrugada.
  • A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 acadando un máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229.462, o que representa un incremento dun 20% respecto ao 2019. A cifra inclúe todas as persoas que asistiron a actividades organizadas polo Gaiás, aínda que se desenvolveran en espazos diferentes aos da Cidade da Cultura. Unha das razóns que explica este incremento é o programa de itinerancias, que permitiu exhibir mostras en Ourense, Pontevedra, Vigo e Coruña.
  • O conselleiro de Cultura visitou co novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, o templo onde o Goberno galego actúa ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027. Román Rodríguez, nesta visita á Catedral de Mondoñedo feferiuse aos avances que a Xunta está realizando para rehabilitar o templo cun investimento de 6,5M€. En concreto, nestes momentos estase actuando no mural do presbiterio e nas pinturas murais, coa intención de rematen o vindeiro verán. Son as primeiras actuacións do Plan Catedrais 2021-2027 que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios galegos para que afronten a década xacobea nas mellores condicións.
  • Galicia volveu confirmar en novembro o excelente ritmo de recuperación da demanda turística hoteleira galega, rexistrando preto de 231.000 viaxeiros aloxados nos hoteis galegos onde pasaron máis de 434.000 noites, unhas cifras que triplican as acadadas o ano pasado. Galicia segue así á cabeza da recuperación da demanda turística hoteleira a nivel nacional, só por detrás de Asturias, segundo recolle o INE na súa Conxuntura Turística Hoteleira de novembro. O novo informe destaca que Galicia mantense nos postos de cabeza da recuperación turística tanto este mes de novembro, con case as mesmas cifras de viaxeiros que en novembro de 2019, como no acumulado do ano.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que a chegada do AVE a Ourense é un novo éxito colectivo e animou a concluílo para aproveitar ao máximo este activo de valor incalculable. No acto institucional de inauguración da liña Madrid-Ourense, que contou coa asistencia da Súa Maxestade O Rei Felipe VI, Feijóo celebrou a chegada dun momento histórico tras alcanzar unha meta longamente agardada e tamén intensamente demandada. 'Para os galegos é un antes e un despois. Supón competir en termos de igualdade co Mediterráneo, o Sur e, en definitiva, coa maior parte de España', expresou.