Skip to main content

Noticias

  • Os Trens Turísticos de Galicia son unha proposta desenvolvida por Turismo de Galicia, composta por catorce rutas ao longo de toda a xeografía galega, onde descubrir diversos recunchos do noso país: desde achegarse ao punto máis setentrional da Península Ibérica ou a uns dos cantís dos máis altos da Europa continental, ata descubrir as paisaxes de socalcos da viticultura heroica ou pasear por xardíns de pazos con camelias en flor. Todo isto complementado con outros elementos tan importantes como a gastronomía e a historia.
  • Galicia bateu récords históricos de ocupación turística en 2022, logrando superar nun 40% as cifras do ano 2021. A nosa comunidade mellorou tamén as súas cifras con respecto ao conxunto do Estado, cunha ocupación oito puntos maior respecto da media e manténdose como o sétimo destino máis importante, unicamente por detrás de Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. O 38% da demanda concentrouse na temporada alta -meses de xullo e agosto-, ficando a porcentaxe restante repartida entre a temporada media -o 38%- e baixa -co 24% neste caso-.
  • Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensana Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense. Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez -Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.
  • A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso anunciou hoxe o cartel da súa 16ª edición, que se celebrará do 5 ao 14 de maio en diferentes espazos dos concellos de Ourense, Cea e Nogueira de Ramuín. Así, o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, acollerá o 7 de maio a actuación de Fabio Álvarez, mentres que o de Santa María de Oseira, en Cea, será o escenario para o recital de peche o 14 de maio a cargo do cuarteto vocal The Orlando Consort, procedente de Reino Unido.
  • O Consello de Turismo que aprobou hoxe, en sesión extraordinaria, a declaración de dúas novas festas de interese turístico de Galicia logo de que estas acreditaran a súa antigüidade, singularidade, arraigo e valor cultural. Trátanse da Festa do Entroido de Foz e a Festa do Enterro da Sardiña de Marín. Ademais, durante este pleno tamén se aprobou o Plan de Inspección Turística da Comunidade para o ano 2023.
  • Galicia rexistrou no primeiro trimestre deste ano un 22,5% máis de viaxeiros respecto ao mesmo período do anterior, segundo os datos recollidos no informe de Conxuntura Turística Hoteleira publicada polo Instituto Nacional de Estatística. Galicia rexistrou en xaneiro un total de 717.562 viaxeiros e 1,3 M noites cunha estadía media de 1,8 noites. Os establecementos hoteleiros (hoteis e pensións) acadan unha porcentaxe de ocupación que supera nun 19% a do ano pasado, con 624.867 viaxeiros e 1,1 M noites. Os establecementos extrahoteleiros, que engloban apartamentos turísticos, cámpings turismo rural e albergues incrementan tamén a súa ocupación en preto dun 52%.
  • Unha programación do máis fresco da música urbana e electrónica do panorama nacional. Artistas como Hard Gz, Soto Asa, Israel B, Kaydy Cain, Miranda, Albany, Parkineos, MDA, Dirty Suc ou Deva farán desta edición un festival dos máis míticos do verán. Cabe recordar que o escenario do Rompe sempre é un trampolín das novidades e talentos da música urbana. Foi o primeiro festival de artistas a nivel internacional como Kidd Keo, Delaossa, ou Ergo Pro & ill pequeño, ademáis de ter nas súas edicións anteriores a nomes como Rels B, Fernando Costa, Recycled J que a día de hoxe atestiguan millóns de reproduccións. Esta traxectoria fai que asistir o festival Rompe asegura coñecer de primeira man aos artistas que van formar parte da élite do panorama urbano nacional este ano.
  • Buscar estratexias capaces de reactivar e pór en valor o turismo sostible en diferentes rexións europeas, entre elas Galicia. Este é o obxectivo co que esta semana se está a celebrar na cidade italiana de Palermo o proxecto internacional Ecotours, liderado desde Italia e no que a Universidade de Vigo é única representante española. Participan sete socios procedentes de Italia, Grecia, Francia, Chipre, Hungría e España, entidades de moi distintos perfís que ao longo dos tres vindeiros anos traballarán de maneira conxunta na consecución dun obxectivo común.
  • O Parque Natural Fragas do Eume terá nas vindeiras semanas o seu primeiro Plan de uso e xestión (PRUX) despois de que o documento fose informado favorablemente polo Consello galego de medio ambiente e desenvolvemento sostible (Cogamads), durante unha reunión que estivo presidida pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Deste xeito, o PRUX das Fragas do Eume dá un paso definitivo cara á súa aprobación definitiva xa que supera o último trámite formal antes de ser remitido ao Consello da Xunta, co que se acadará o “obxectivo transcendental” de que todos os parques naturais da Comunidade conten cun documento propio de xestión e protección.
  • Galicia propuxo un total de 117 areais para optar á Bandeira Azul 2023, o que supón 2 novas candidaturas con respecto ás presentadas na edición do pasado ano 2022, tal e como salientou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, logo de participar na reunión do xurado nacional que concede estes distintivos. Do Campo incidiu en que a Comunidade galega, coas 117 propostas —38 da Coruña, 19 de Lugo e 60 de Pontevedra—, é a terceira autonomía que máis opcións presentou, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. Os areais candidatos de Galicia foron avaliados xunto cos de Madrid, País Vasco, Cantabria, Asturias e Estremadura.