Skip to main content

"Novo rexurdimento" dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que a queiran visitar, vivir ou investir nela

Na mesma liña, o titular da Xunta asegurou que a Comunidade tamén a facilitar a chegada daqueles que queren xerar riqueza e emprego. "Hai moito tempo que deixamos o tópico da Galicia do atraso. Hoxe somos a Galicia potente", aseverou. Proba desa fortaleza, agregou, é a vintena de proxectos industriais de gran capacidade tractora que se viron atraídos pola estabilidade, a axilidade administrativa e os incentivos para instalarse en Galicia. “O noso modelo económico funciona, por iso en 2023 medraremos por riba do previsto e en 2024 por riba do 2%”, manifestou.

Rueda explicou, por outra banda, que cada vez son máis os visitantes que están entendendo que “Galicia está de moda”. Logo de que as cifras turísticas bateran récords en no dobre Ano Santo, subliñou que estas alturas de 2023 están acudindo á Comunidade máis peregrinos e turistas que no ano anterior. “Aos que busquen natureza, calidade, gastronomía, tranquilidade... Só lles podo dicir que Galicia senta ben. Se non o saben xa, animo a probalo”, convidou o presidente.

O titular da Xunta sinalou igualmente que Galicia tamén aposta para converterse no mellor lugar onde vivir e formar unha familia, a través de medidas como a gratuidade da escolas infantís, a excelencia educativa ou a empregabilidade da Formación Profesional, nomeadamente a dual.
Aos premiados

Durante a súa intervención, Rueda tivo palabras de recoñecemento para os galegos que chegaron a Cataluña con pouco equipaxe pero levaron consigo a Galicia, e legaron aos seus descendentes unha múltiple pertenza. “Sodes galegos e cataláns sen deixar de pertencer a España e a Europa. É unha forma de estar no mundo á galega”, sinalou.


Acerca dos premiados, lembrou que o éxito da oncóloga Marisol Soengas na investigación contra o cancro será o de toda a sociedade, manifestou que o fútbol está en débeda permanente co papel pioneiro de Verónica Boquete e agradeceu a Carlota Corzo, cofundadora da firma Lazzaro, o seu traballo para mellorar a fortaleza económica e tecnolóxica das ONGs. Ademais, recoñeceu a José María Froiz a capacidade para distribuír a calidade dos produtos galegos a través dunha cadea de supermercados galega e a galeguidade sempre presente en Victoria Prego, xornalista considerada voz de referencia na Transición. Finalmente, cualificou á Federación de Alzhéimer de Galicia (FAGAL) como un exemplo dunha sociedade que coida de si mesma e incidiu no enorme éxito, galego e nacional, do actor Luís Zahera.
R.