Skip to main content

O Consello da Xunta aproba axudas de 1.500.000 € para a dixitalización no sector turístico

O importe da subvención será do 80% do investimento subvencionable. A axuda máxima será de 12.000€. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Na actualidade, a dixitalización é clave para garantir a competitividade e a
sustentabilidade do sector turístico, polo que dixitalizar as empresas turísticas apoia que sexan máis accesibles mediante dispositivos e sistemas que lles permitan ser eficientes nos procesos de xestión. A clave da transformación tecnolóxica é, ademais da infraestrutura dixital, o acceso a tecnoloxías como a nube, a ciberseguridade, sistemas de intelixencia artificial e análise masiva de datos.
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos; empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) e axencias de viaxes, que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que teñan o establecemento inscrito e autorizado ou
clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.
R.