A Fundación Aquae Querquennae – Vía Nova celebra o 20º aniversario da súa posta en marcha
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá nos actos de homenaxe promovidos con motivo dos 20 anos de actividade da Fundación Aquae Querquennae – Vía Nova, da que forma parte a Xunta de Galicia. No acto estivo acompañado, entre outras autoridades, pola responsable da área termal de Turismo de Galicia, Mª Belén Gómez.
Durante a súa intervención, Merelles destacou o traballo levado adiante ao longo destes anos na posta en valor tanto do conxunto patrimonial, termal e arqueolóxico situado en Bande, no que destacoU o conxunto no que conflúe o campamento militar e a mansión Aquis Querquennis así como o itinerario da Vía Nova e que deu lugar á construción dunha serie de edificios que contribuíron a dar a coñecer Porto Quintela “como un tesouro único en Galicia, onde gozar da historia, da cultura e das augas termais ao longo de todo o ano”, explicou o director de Turismo de Galicia, quen destacou a aposta das admininstracións públicas no territorio coa creación do museo ou o centro de interpretación, este último a cargo de Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense.
Neste sentido, Merelles destacou a aportación que fixo Turismo de Galicia ao concello tanto para o embecelecemento de vía pública de acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis como para a adecuación do espazo destinado ao estacionamento de autocaravanas nesta contorna, actuacións estas últimos que supuxeron un investimento de case 60.000 euros nestes dous últimos anos.

R.