Galicia recibe no que vai de 2023 un 8% máis de visitantes que no ano Xacobeo 2022
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a consolidación do "auxe turístico" de Galicia, ao rexistrar 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites nos sete primeiros meses deste 2023, o que supón un 8 % más que no 2022, "que foi un excelente Ano Xacobeo", remarcou.
O mandatario galego deu conta do balance da actividade turística presentado hoxe no Consello da Xunta sobre os meses de xullo e agosto, á vez que da evolución da demanda turística regrada en Galicia do que vai de 2023. Rueda salientou que este informe amosa que a comunidade "consolida unha tendencia moi boa" en materia turística, á vez que demostra que "Galicia non é unha moda pasaxeira, senón un dos destinos máis puxantes de España de forma sostible".
O presidente da Xunta tamén puxo en valor o feito de que este ano aumentou o número de turistas estranxeiros, que xa presentan o 30 % do total e que con dous millóns de pernoitas supoñen tamén un "récord histórico". De igual xeito, destacou que os aeroportos galegos rexistraron "máximos de pasaxeiros" con 3,4 millóns, co liderado de Lavacolla (2 millóns). Rueda tamén apuntou que os portos "bateron marcas" de cruceiristas con 246.000 chegados, a maioría, un total de 150.000, ao porto da Coruña.
Camiño de Santiago
O presidente da Xunta incidiu na importancia do Camiño de Santiago como un dos "elementos tractores" do turismo en Galicia. Así, apuntou que máis de 310.000 peregrinos recolleron a súa compostela no que vai de ano, o que supón un 2 % máis que no mesmo período de 2022, que foi Ano Santo.
De igual xeito, fixo fincapé en que se ten observado que se vai cumprindo o obxectivo de desestacionalizalo, pois cada vez son máis os que optan por facelo fóra da tempada alta. Nesta liña, asegurou que a Xunta traballa para que Galicia continúe a ser un lugar atractivo para os viaxeiros durante todos os meses do ano. "E imos no bo camiño", aseverou.
Por iso, defendeu a preservación daquelas características que confirman a Galicia como un destino de "turismo tranquilo", en referencia á non masificación, á natureza, á gastronomía ou ao patrimonio.

R.