Notas
-
A campaña “Galicia no corazón” tivo unha especial repercusión nas plataformas dixitais e nas redes sociais, co acceso de máis de 500.000 persoas.
-
Concentraranse nun departamento as competencias agora repartidas en catro institucións como son a Secretaría Xeral para o Turismo, o Xacobeo, Turgalicia e o Instituto de Estudos Turísticos.
-
O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago foi constituído no ano 1992 para asesorar á Administración Turística autonómica de cara á celebración do Ano Santo 1993. 20 anos despois, tratouse nesta xuntanza o proxecto de Base de Datos de Iconografía Xacobea baixo a nomenclatura IAGO.
-
A ferramenta consiste nunha aplicación de xestión de pequenos establecementos hoteleiros e para compartir datos estatísticos, que foi deseñada polo Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e é gratuíta.
-
O acordo, financiado con 94.000 euros bianuais, busca difundir o termalismo en mercados de proximidade e internacionais, así como para fomentar a investigación e o coñecemento da hidroterapia termal como remedio médico-terapéutico. O acordo inclúe a posta en marcha dunha central de reservas internacionais e redes sociais.
-
Esta feira, de carácter relixioso, celébrase a comezos de xullo e conta cun área expositiva superior aos 15.000 m2 e recibe a máis de 250.000 visitantes. Dentro da Feira está o Salón Peregrinus, especializado no turismo relixioso e de peregrinacións que é o segmento turístico de maior crecemento no mundo.
-
Esta presentación promovida pola Xunta na Casa de Galicia en Madrid tivo lugar no marco da campaña de promoción de turismo de Galicia nos destinos con voos directos a esta comunidade. Esta promoción farase tamén en Barcelona, Sevilla e Bilbao.
-
Preséntase a edición número 50º da Festa do Pulpo de O Carballiño, en Ourense, declarada de Interese Turístico Nacional. Esta festa gastronómica, que forma parte do xeodestino O Ribeiro, cumpre o 12 de agosto as vodas de ouro e o celebra cunha mostra histórica de cartelería.
-
Núñez Feijóo asegura que a Xunta ten actuado en todas as frontes nos últimos anos para mellorar o atractivo turístico de Galicia, coa ordenación do territorio, na promoción e comercialización, na mellora na xestión e na lexislación e destaca que Galicia é foi a primeira "que puxo en marcha o Plan de Formación para a Excelencia Turística”.
-
Trátase dunha selección inédita de imaxes realizadas no seu día para a mostra “Olladas no Camiño de Santiago” polos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz. Camiño de Santiago. Unha biografía en Imaxes pódese ver en Lisboa ata o 30 de xuño.