Skip to main content

Notas

  • A edición de fotografías antigas de Juan Vila ou a publicación dun díptico coa ruta xudía son parte das iniciativas levada a cabo. Dende o goberno local fíxase coma prioridade pór de relevancia o patrimonio histórico da cidade, sinalando que se trata dun elemento fundamental dentro da promoción turística da cidade. O Concello anuncia a creación dun arquivo municipal da imaxe.
  • O número de vivendas de uso turístico cuxos propietarios presentaron xa a súa solicitude para operar en Galicia avanza a bo ritmo. Desde que o novo decreto que regula este tipo de aloxamentos entrara en vigor, no mes de maio, a cifra non deixou de medrar e a día de hoxe se contabilizan máis de 4.200 peticións.
  • A segunda edición da "Ruta de Mosteiros e Castelos" conta, ata o momento, con 45 coches antigos inscritos, vehículos do ano 1900 ao 1969, que se darán cita o día 19 de agosto no municipio de Xunqueira de Ambía nun evento turístico e gastronómico que pon en valor o patrimonio histórico da zona. A presentación tivo lugar hoxe no Pazo Provincial.
  • O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo".
  • Para transmitir a idea de cociña galega moderna e de vangarda, de gran recoñecemento e prestixio, pero que segue mantendo un nexo de unión coa tradición” estableceranse accións de promoción conxunta de Galicia como destino turístico asociado á alta gastronomía no mercado alemán e apoiarase a innovación turística. A acción alíñase co obxectivo da Estratexia do turismo de 2020 público-privada.
  • Promovido por Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares, o ciclo celébrase desde o mes de xuño na Praza de Praterías. O número de peregrinos xa superou os 150.000, ao redor dun 9% máis que en 2016. Música no Camiño divulga a cultura xacobea e promocionar a música galega entre os peregrinos que acadan a etapa final do Camiño.
  • A mostra conta coa participación de 53 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares da Comunidade. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asistiu á inauguración da XXXIII edición deste encontro, unha das citas de referencia do sector en Galicia nos Xardíns de Méndez Núñez onde se da unha grande visibilidade aos oficios artesanais.
  • Os Fogos do Apóstolo percorren as tradicións desta celebración, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII para "basearse na historia da cidade e das súas festas". Fíxose un percorrido pola historia da arte, para coñecer como foi representado Santiago co paso dos séculos e tanto en Europa como en Asia ou América do Sur.
  • O texto, que dá conta da pegada e vinculación da cidade coa ruta xacobea, forma parte das diversas accións emprendidas polo Goberno local coa finalidade de difundir, entre a veciñanza e as persoas visitantes, "a estreita e fonda relación coa gran ruta galega da que nos sentimos orgullosos e orgullosas de formar parte", según o Concello.
  • A directora xeral de Turismo, Nava Castro, eloxia a fusión das propostas musicais e a nova cociña galega coa presenza de diez Estrelas Michelin que elaboraron diferentes pinchos gourmet durante o espazo gastronómico do Festival PortAmérica. Ofreceron tomate e herbas do Grove, filloa que chegou de México, Bocata si ou non de chocos, entre outros.