Skip to main content

Notas

  • Durante o mes de agosto, o persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC ofrece baixo o título ‘Noites Astronómicas’ sesións de divulgación en diferentes localidades galegas. A primeira delas terá lugar na noite das Perseidas, o sábado 12 de agosto, en Lalín, unha localidade que recibiu no mes de abril a certificación como Destino Turístico Starlight, o quinto de Galicia.
  • Espazos Sonoros une música e patrimonio nunha experiencia que permite descubir a riqueza patrimonial, cultural e etnográfica da provincia. Santa María dos Ánxeles (Brión), San Martiño de Xuvia (Narón), San Pedro de Soandres (A Laracha), o Muncyt da Coruña ou a lonxa de Fisterra serán os privilexiados escenarios, con grupos e solistas consolidados do país e formacións internacionais coma Ugía Pedreira, Hulegas Ensemble, Grupo Instrumental Siglo XXI ou Almalé.
  • O 20º aniversario do SonRías Baixas, celebrado os días 2, 3, 4 e 5 de agosto no recinto Multiusos da Estacada de Bueu, finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvememnto por parte tanto do público como dos artistas implicados. O festival continúa un ano más siendo una de las citas de referencia del verano en las Rías Baixas. As xornadas, que nesta edición engadiron unha festa de presentación o mércores para dar a benvida aos asistentes, desarrollouse con total normalidade e sen incidentes.
  • Promover a contemplación do solpor como unha forma de turismo única, sustentable e integradora do Espazo Atlántico é o alicerce do proxecto ATLANTIC_SUNSET, coordinado polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois. O consorcio integrado por oito institucións de catro países e liderado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), acaba de obter máis dun millón de euros de financiamento no marco do programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027.
  • As persoas piden axuda e moven os brazos antes de afogar; é preciso agardar dúas horas para bañarse despois de comer; tras un afogamento hai que colocar á vítima boca abaixo para baleirar os seus pulmóns de auga; a urina é un bo remedio fronte á picadura dunha medusa... No referido aos incidentes que poidan darse en praias, ríos ou piscinas existen unha serie “mitos e falsas crenzas”, asentadas no ideario popular e que poden dar lugar a decisións ou intervencións erróneas.
  • O acto tivo lugar na praia das Catedrais de Ribadeo, coa participación do delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o alcalde deste concello, Daniel Vega, e a alcaldesa de Burela, Carmela López. O delegado celebrou as 10 Bandeiras Azuis que suman os dous municipios e instou a que as Administracións "sigamos colaborando e traballando no coidado do medio ambiente e nunha oferta turística sostible, accesible e de calidade".
  • É unha canción doce, elegante e emotiva que, aínda que parece de amor -como así é - esconde unha historia. Composta como un tributo ao escritor gallego Domingo Villar, a canción presentouse de xeito acüstico no acto celebrado na FNAC de Callao en Madrid, en outubro de 2022 e diante da emocionada familia do literato. Cun ritmo entre a balada e o suave reggaeton do estribillo, a canción desenvólvese no mundo do cantautor, onde a historia manda e a música aporta fermosura.
  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, que participou na entrega de premios das XXVII Catas de viños da denominación de orixe Ribeira Sacra, que se celebrou no concello lugués de Monforte de Lemos, destacou a excelencia destes viños e o seu carácter diferencial, que lles confire a condición de referentes no ámbito nacional e mesmo internacional.
  • Na tarde do mércores 21 de xuño, ás 16.58 horas, dá comezo o verán no hemisferio norte. En dito instante o Sol atópase no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto ao ecuador. Nestas xornadas prodúcese, polo tanto, a meirande diferencia entre o día e a noite.
  • Unha clara aposta pola diversidade e polos valores emerxentes, así se presenta unha MIT que reúne máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema “memoria, cohesión e innovación”. Querer descubrir as creacións da xente moza do panorama estatal, moitas delas recoñecidas con premios revelación e de novos talentos, ese é o espírito dunha MIT que tamén mira para aquela mocidade de Abrente que con valentía e ilusión afrontou un movemento revolucionario.