Skip to main content

A Cátedra do Camiño da USC estrea a maior base de datos con información de peregrinos a Compostela do s. XIX

Badapeco xorde no marco dos proxectos de investigación financiados pola Cátedra e ofrece información sociolóxica sobre máis de nove mil persoas que peregrinaron a Compostela no século XIX, extraída polo doutor Arturo Iglesias Ortega a partir dos rexistros máis antigos conservados no Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela: nome e apelidos, data da peregrinación, procedencia, sexo, estado civil, ocupación, parentesco con outras persoas que peregrinaran, notas sobre a peregrinación e biografía da persoa se é o caso…

A base de datos está dispoñible en aberto na web da Cátedra do Camiño e preséntase como unha plataforma colaborativa, cun formato wiki grazas ao cal calquera persoa pode modificar ou agregar novos datos, polo que marca un fito na investigación sobre o Camiño de Santiago ao converterse na máis importante base de datos de camiñantes a Santiago no ámbito internacional.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)