Skip to main content

Notas

  • O Festival 17° Ribeira Sacra, que celebra a súa oitava edición do 26 ao 28 de xullo e que pertence a marca Festivales Territorio, completa cartel coas incorporacións do grupo De Ninghures e as sesións DJ de Señora DJ, Schultz e Tristón DJ. Ademais, engade dúas novas experiencias para o público: a cata Cervezas Alhambra, coas entradas dispoñibles desde este mércores na páxina web do festival.
  • A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue de Area, en Viveiro, destacou a oferta destas 1.800 prazas para rapaces de 9 a 17 anos. Nesta visita ao centro que albega 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do Pais Vasco, dentro dos programas de intercambio, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta coa mocidade galega "cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias”.
  • Un ano máis, e xa van 5, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel ten o pracer de organizar o Courel Son, Jazz e Blues na Montaña. Serán catro grandes concertos en catro localidades distintas da serra, mantendo o obxectivo de dar vida a todos e cada un dos pobos do noso territorio, ao tempo que demostramos que, sexa a paraxe que sexa, dispoñemos dos mellores escenarios naturais.
  • La Casa de la Cultura de Quiroga acogió una jornada organizada por O Courel destino y futuro sobre la situación del urbanismo en la zona de O Courel. Este encuentro, en el que se profundizó en temas clave como el suelo rústico y el planeamiento territorial, ha sido una oportunidad para debatir y encontrar soluciones que promuevan un desarrollo sostenible en nuestra región.
  • O Arcanxo Festival celebrará a súa primeira edición con dous días de música metal internacional na Freixa, no municipio de Ponteareas. Será os días 19 e 20 de xullo, cun cartel cheo de bandas de metal tan recoñecidas como a brasileira Ratos de Porão, a sueca Enforcer, a belga Evil Invaders e a española Angelus Apatrida. O festival está organizado pola firma ponteareá de roupa We Play Metal, así como por ITP Promotions e 138 Producións.
  • O xurado do VII Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e das Peregrinacións 2024, que outorga a Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC creada co apoio de Turismo de Galicia, acordou outorgarlle o galardón á tese de doutoramento Caminhos que se cruzam. A assistência aos peregrinos e viajantes no Norte de Portugal: as Misericórdias (séculos XVII e XVIII), defendida por Liliana Andreia Valente Neves no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade do Minho, Portugal, no 2023.
  • A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
  • O ROMPETIÑO JUMP, o evento referente de música urbana en Galicia e gran parte da península ibérica, anuncia o cartel completo para a súa próxima edición, que terá lugar do 5 ao 7 de Xullo de 2024 en Porto do Son, A Coruña. Con un impresionante Line-Up de artistas nacionais, o festival promete ofrecer unha experiencia inesquecible para os amantes do trap, o hip hop e a música urbana en xeral.
  • As mexicanas THE WARNING abrirán a programación este sábado 6 Abril na sala Capitol de Santiago de Compostela, coas entradas esgotadas. Tras xirar con Muse, Guns N’ Roses ou Foo Fighters, as 3 irmás convertéronse nunha das grandes sensacións do momento na escena rock, e estréanse nos escenarios galegos dispostas a poñer a Capitol patas para arriba co seu poderoso directo.
  • A oitava edición do festival 17º Ribeira Sacra, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo en diversos escenarios do territorio lucense, anuncia un primeiro avance da súa programación. Denominado como “festival de experiencias”, o 17º Ribeira Sacra marida, non só música, senón tamén outras áreas que cada ano cobran maior protagonismo; como é a arte, a terra e a gastronomía.