Skip to main content

Notas

  • O festival inclúe cinco concertos e a entrega do Premio Galimusic, o primeiro terá lugar o 22 de agosto no Consorcio Local Os Peares con Alejandro Gómez e Miguel Ángel Ortega Chavaldas, o segundo, o 27 de agosto no Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, denominado 'Nacionalismo: Folclore e Tradición', e o seguinte o 28 de agosto na Igrexa do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, co concerto A onde as negras ramas se estenden.
  • O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o martes a Melide cun concerto da Unión Musical Ponteledesma. A actuación será ás 12,30 horas na Praza do Cantón. Ese mesmo día chegará a Triacastela e a Cervo con concertos da Banda Filarmónica de Lugo e da Banda de Música O Landro de Viveiro, respectivamente.
  • Os visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas poderán gozar de paseos virtuais baixo o mar grazas a unha iniciativa pioneira que lles permitirá coñecer en profundidade a fauna e a flora que agochan os fondos deste espazo natural. A actividade arrancará hoxe en Cíes grazas ao apoio e colaboración da Xunta de Galicia, que subvenciona o programa a través do propio Parque Nacional e tamén do Xacobeo 21-22.
  • Presentouse o Festaclown 2021, que un ano máis converterá Vilagarcía na capital galega do clown e das risas do 16 ao 21 de agosto. Un ano máis, as protagonistas serán as mellores compañías galegas: Pedras de Cartón, Circo Chosco, Dani García, A Vela Circo, Sue Moreno ou Assircópatas. Completan a programación grandes nomes a nivel estatal e internacional como Tchyminigagua, Bergamotto Clown, Mayte Guevara, Rudi Dudi ou Eddy Eighty.
  • Investigadores da Universidade de Santiago desenvolveron unha metodoloxía específica para estudar a capacidade de carga turística do Camiño Francés. Este é un concepto técnico que mide o número de visitantes ou persoas usuarias dun recurso turístico unha vez que se teñen en conta aspectos como a superficie dispoñible, as condicións climáticas ou as limitacións derivadas da xestión administrativa do recurso.
  • Galicia, polo seu clima, o tipo cuberta da súa superficie forestal, é un paraíso micolóxico, salientou o catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Antonio Rigueiro, na apertura da xornada semipresencial promovida polo grupo operativo Mikogest para debater sobre as posibilidades de aproveitamento dos recursos micolóxicos como un activo máis das fincas forestais, e presentar as actividades desenvolvidas ao longo dos últimos 18 meses ao abeiro dun proxecto liderado desde Castela León pola Fundación Cesefor.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a novena edición de Cultura no camiño, o programa da Xunta de Galicia que promove un amplo circuíto de espectáculos escénicos e musicais ata o mes de setembro e que este ano bate o seu récord de participación con 163 concellos adheridos, unha cifra que supón un incremento do 25% respecto ao ano pasado e de máis do dobre en relación á edición celebrada en 2019.
  • Seguindo a iniciativa da Xunta de Galicia #AcendeoXacobeo, coa que se iluminaron máis dun cento de edificios e monumentos en Galicia para anunciar o comezo do Ano Santo, Turespaña está a replicar a exitosa iniciativa promovendo a iluminación de edificios vencellados co Camiño de Santiago en Europa con motivo da celebración do 25 de xullo.
  • O proxecto 'ConArte no Camiño. Belas Artes para a transmisión dos valores universais do Camiño', promovido polo Grupo Compostela de Universidades (GCU), busca achegar os artistas ao entorno do Camiño de Santiago para que adquiran novas experiencias vitais, que sexan fonte de inspiración na creación de obras plásticas e escenografías, e que posteriormente sirvan de vehículos da transmisión do coñecemento e propicien o seu uso didáctico.
  • O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa 14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical que naceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19.