Notas
-
Vaise prorrogar a mostra 'Vestir épocas. 1860-1960. A colección González-Moro', que tiña previsto finalizar o 4 de abril, ata o 30 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase da segunda prórroga da exposición, que desde a súa inauguración, en outubro do ano pasado, recibiu preto de 7.500 visitas. Amplíase así a posibilidade de coñecer unha importante selección de máis de 300 pezas, entre obxectos e prendas de vestir.
-
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia organizará rutas e outras actividades de balde durante toda a Semana Santa para achegar os valores e a riqueza deste espazo natural a todo o público. Os arquipélagos de Cíes e de Ons se poderán visitar de xeito particular en transporte público ata o vindeiro domingo 4 de abril, un período no que a día de hoxe hai xa máis de 1.100 reservas confirmadas.
-
O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia impartirá varios obradoiros en centros educativos de ensino primario e secundario no marco do proxecto 'Ciencia no Camiño', unha iniciativa que procura a promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago.
-
O Grupo Compostela de Universidades promove un observatorio de expertos sobre o patrimonio do CamiñoA iniciativa ‘CamiñoLab. Laboratorio do patrimonio cultural do Camiño de Santiago’, impulsada polo Grupo Compostela de Universidades (GCU) liderado pola USC xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, promove a creación dun observatorio de académicos internacionais focalizado no patrimonio deste itinerario cultural.
-
A Cidade da Cultura programa o sábado 20 o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses. Esta sesión de contacontos, especialmente dirixida á cativada de entre 4 e 11 anos, contará con entrada de balde e poderá seguirse en directo por streaming.
-
A Comunidade galega viviu un mes de xaneiro moi frío e húmido, debido ao paso de sucesivas borrascas, cinco das cales foron nomeadas. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que o primeiro mes de 2021 quedou caracterizado por dúas partes moi diferentes: as primeiras semanas foron moi frías, pero en xeral secas; mentres que na segunda quincena se rexistrou a continua chegada de borrascas, que provocaron chuvias xeneralizadas.
-
Tivo lugar a reunión do Padroado da Fundación MARCO que fixo balance de 2020 e aprobou a programación de exposicións previstas para 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. A Dirección do Museo fixo énfase na necesidade de continuar a liña de traballo iniciada a finais de 2019, mantendo activa a programación e dando prioridade ás necesarias tarefas de mantemento do edificio e da súa infraestrutura.
-
O ano pasado caracterizouse por ser un ano lixeiramente seco e dos máis cálidos das últimas décadas. Esta é a principal conclusión do balance realizado por MeteoGalicia, que no avance do seu informe anual subliña sobre todo a anomalía rexistrada no que respecta ás temperaturas, con mínimas extremadamente cálidas, e máximas e medias moi cálidas.
-
A retransmisión chegará a 16 países de Europa e América como Italia, Portugal, Holanda ou Arxentina, grazas a colaboración de Turespaña, a través de pantallas na praza do Gran Sablón en Bruxelas, na praza do Doumo en Milán, a de Pistoia, na Haia ou en Bos Aires. Ademais, a Televisión de Galicia retransmitirá todo o acto, a través do sinal convencional e da súa canle de Youtube.
-
Tivo lugar a presentación do proxecto Agasalla Coruña, promovido por Turismo da Coruña e na que estiveron presentes o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá Juan Ignacio Borrego; a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios Diana Sobral; Lanzada Calatayud, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña e Richard Huerta, presidente de Hospeco.