Skip to main content

Notas

  • Hoxe, no Belén de Begonte, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, deu lectura ao Primeiro Pregón Virtual do Nadal, en presencia do Alcalde de Begonte, José Ulla e do Presidente do Centro cultural que impulsa o Belén electrónico de Begonte e as actividdes do Nadal begontino, Jesús Domínguez Guizán.
  • O retroceso global do acantilado na Praia das Catedrais é un proceso lento no que, se non se realiza ningunha intervención de consolidación, o risco de caídas illadas de bloques medianos ou pequenos é considerable. Esta é unha das conclusións do informe realizado hai un ano por profesores universitarios especialistas en Xeoloxía, Enxeñaría de Costas e Xeotecnia coordinado polo profesor de Xeotecnia da ETS. de Camiños, Canais e Portos, Luis Medina Rodríguez.
  • 'rurALLURE: Promoción de museos e sitios culturais en áreas rurais na contorna dos camiños de peregrinación de Europa' é unha mestura de termos en inglés (rural; lure, atraer e alure, encanto) que dá nome ao proxecto internacional liderado pola Universidade de Vigo, no que participan máis dunha decena de socios de seis países europeos, e que ten por obxectivo a divulgación do patrimonio cultural que rodea ás grandes vía de peregrinación de Europa.
  • Ata o vindeiro 2 de novembro está aberto o prazo para solicitar participar na segunda convocatoria do programa Elixe Galicia, que se desenvolverá entre o 10 de marzo e o 15 de novembro de 2021. Dirixido a xente nova menor de 30 anos, ás familias con fillos menores de idade e a pensionistas maiores de 55 anos, ata o de agora se rexistraron case 2.000 solicitudes para optar ás viaxes en 2021.
  • Presentouse na Cidade da Cultura a campaña de promoción do enoturismo no turismo de proximidade coa que dar a coñecer as experiencias turísticas vinculadas ás Rutas do Viño. No acto presentouse ademais unha plataforma de comercialización desde a que se ofertarán de forma telemática as reservas para participar nestas experiencias. Ambas iniciativas forman parte do convenio entre a Xunta e as Asociacións das Rutas do Viño, que se enmarca no programa Galicia Destino Seguro.
  • O III Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista' botou a andar este mércores de xeito telemático debido á pandemia por mor da COVID-19. O encontro celébrase os días 23, 24 e 26 de setembro baixo o lema 'E fazian fondamentos', palabras inspiradas no verso alfonsino 'e tragian muitas pedras para fazer fundamentos', que forma parte da segunda cobra da Cantiga de Santa María 358.
  • A mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias literarias.
  • O ciclo, promovido polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, celebrará tres concertos de 20 minutos en tres balcóns emblemáticos da nosa comunidade onde Susana, en solitario, repasará pezas significativas do noso patrimonio. A primeira cita será en Ribeira, o venres 11 de setembro, ás 22.15 h. Susana Seivane interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e os lugares escollidos para celebrar os concertos.
  • Máis de 5.300 persoas visitaron este verán o espazo informativo móbil Galicia destino seguro incluído na campaña de concienciación coa que a Xunta de Galicia promoveu desde xullo un turismo seguro en 23 localidades galegas. Desde esta unidade móbil, que recibiu unha media de 215 visitantes diarios e funcionou como oficina de turismo itinerante, informouse aos viaxeiros e aos propios galegos dos recursos turísticos dispoñibles na nosa Comunidade e a potencialidade de Galicia como destino seguro.
  • A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións afondará no impacto que a pandemia da COVID-19 está a orixinar na ruta xacobea. A USC acaba de impulsar, ao abeiro da II Convocatoria de Proxectos de Investigación dous proxectos de investigación que se centrarán no influxo que a crise sanitaria está a ter na capacidade de carga turística do Camiño Francés, e no perfil do peregrino, pola outra. No marco desta convocatoria, tamén se creará a base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos ‘Rede Xacobea’.