Skip to main content

Notas

  • La Fura dels Baus contará coa participación de membros da centenaria Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos para o seu macroespectáculo deste mércores no Gaiás, NN (Nova Normalidade). Nel a compañía catalá salienta o papel do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá ás 21,00 horas o macroespectáculo, dirixido por Carlus Padrissa, e no que están implicados un cento de cantantes, bailaríns e actores.
  • O documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomías que traballarán por un lado na promoción turística e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.
  • Desde o martes 21 ao venres 24, A Coruña e o Camiño Inglés acollerán o EcomWay, unhas xornadas sobre a ruta xacobea destinadas a profesionais do turismo, a comunicación e o marketing. O EcomWay é unha experiencia de Comunicación 2.0 para dar a coñecer a cultura, patrimonio, gastronomía e sustentabilidade concienciando o peregrino na loita contra os malos hábitos. Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021
  • As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal.
  • O obxectivo deste proxecto, ao que tamén se adheriron 16 prazas de abastos, é potenciar as vendas do comercio de proximidade nos concellos polos que transcorren as rutas xacobeas, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Os negocios participantes poderán beneficiarse das actuacións de dinamización que se leven a cabo para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar a peregrinos e veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local.
  • O mes de xuño caracterizouse por ser moderadamente frío e durante o que as precipitacións se mantiveron en valores normais. Esta é unha das principais conclusións do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que atribúe esta circunstancia ao predominio das baixas presións atlánticas sobre a comunidade durante gran parte do mes, o que provocou unhas temperaturas máximas frías para esta época do ano.
  • La Asociación Castaño y Nogal elevó el pasado 23 de junio un informe al Grupo de Trabajo sobre “Reactivación Económica” del Congreso de los Diputados con la identificación de 12 problemas y 18 propuestas integradasque serán remitidas a los grupos parlamentarios que componen la Comisión. El documento ya fue publicado en la web del Congreso y puede consultarse en el enlace <a href="https://bit.ly/2Yq1t75" target="_blank"><u>https://bit.ly/2Yq1t75</u></a>.
  • ‘Matinais clásicas’ propón unha viaxe desde o clasicismo de Mozart á música contemporánea galega de Joam Trillo, pasando por Crussel, Schubert ou Soutullo. Os concertos serán de balde, previa retirada de convite a través de Ataquilla.com, e o número de asistentes limitarase a un máximo de 100 persoas por actuación. O ciclo pecharase o 11 de xullo pola Real Filharmonía de Galicia, que volve aos escenarios con este concerto, tralo parón obrigado pola covid-19.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde mañá Wonder Women, a primeira exposición que bota a andar nesta instalación e en toda a cidade de Santiago de Compostela tras a crise da covid-19. A mostra, comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por artistas mulleres. Permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro.
  • Galicia viviu unha primavera climatolóxica moi cálida e normal en canto ás precipitacións. Estas foron as principais características dun período que estivo marcado pola variabilidade, diversidade e tempo cambiante, tal e como se recolle no resumo do informe elaborado por MeteoGalicia. A temperatura da primavera foi moi cálida, cunha anomalía positiva na temperatura media de +1.68 ºC. Os tres meses tiveron tempo cambiante, pero en xeral os días de frío foron suaves.