Skip to main content

Notas

  • Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. Ross Ainslie (gaitas, wishtle, cittern) é un dos mellores músicos e compositores tradicionais de Escocia. Tim Edey (guitarra, melodeón) é brillante, en todos os sentidos. O concerto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia de Ortigueira.
  • Ao longo do ano 2019 celebráronse no Centro Galego de Arte Contemporánea dez exposicións, moitas delas acompañadas dunha publicación explicativa, e unha trintena de actividades entre as que se inclúen talleres formativos, cursos, visitas guiadas ou xornadas musicais. Esta programación complementouse coa cesión de espazos a outras institucións para a celebración de xornadas, obradoiros, presentacións ou entregas de premios.
  • A Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) acolleu a presentación de dúas citas de referencia no mundo do ciclismo que este verán se desenvolverán nun escenario único e espectacular: a nova edición do Gran Fondo Ézaro e o regreso de La Vuelta a España á Costa da Morte. O Gran Fondo Ézaro vaise celebrar o 5 de xullo, e a etapa da Vuelta a España o 1, e suporán a oportunidade para promocionar unha paisaxe espectacular, nunha aposta polo turismo de calidade, a gastronomía, o patrimonio e as experiencias singulares.
  • Galicia estará presente na 40ª edición de Fitur, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro, a través dun novo stand centrado no Xacobeo 21 que permitirá recrear o Camiño de Santiago mediante un percorrido sensorial inmersivo. O expositor da nosa Comunidade terá unha superficie de 967 metros cadrados e estará centrado nas particularidades de Galicia como destino turístico, en especial, no Camiño de Santiago na antesala do Xacobeo 21.
  • Foi inaugurada en Portomarín (Lugo) a mostra itinerante 'O Fin do Camiño', organizada polo Colectivo Egeria coa colaboración de GaliciaDigital. Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz.
  • 17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá en 2021, un ano moi especial para o festival, que celebra a súa quinta edición, e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público.
  • Luís Paadín presentaba este luns, 16 de decembro, na D.O. Ribeira Sacra, a súa Guía de Viños de Galicia 2020 para a que se cataron máis de 1.500 viños e destilados. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, 140 medallas de Ouro e 37 medallas de Prata. Recibe ademais 4 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse desde hai 2 anos ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendo un recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia. Obteñen o Ampelos Adegas Moure, Algueira e Roberto Regal López
  • Obradoiros infantís e concertos encherán o Tinglado do Porto de Vigo no Nadal Solidario, que abrirá as súas portas o vindeiro 16 de decembro, co Nacemento da Catedral de Santiago e as ONGs como principal reclamo. Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade.
  • Son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata que remate o ano e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento. Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos.
  • As catas dan comezo este mércores, no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, sito en Lamas de Abade. Ese día arrancará a XVIII Cata dos Meles de Galicia, mentres que os días 28 e 29 destinaranse á XXII Cata dos Queixos de Galicia. Un labor que levará a cabo un panel de sete expertos, no caso dos meles, e doce no dos queixos, encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras.