O sector turístico porá en marcha aloxamentos de garda durante a crise do coronavirus

Durante o encontro, o conselleiro agradeceu aos representantes do sector a súa colaboración e lembrou que a nosa Comunidade conta con 157 aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus como traballadores desprazados que presten servizos esenciais, colectivos de especial vulnerabilidade social, como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero, ou cidadáns en tránsito.
Xunta de Galicia