Skip to main content

Notas

  • A feira de artesanía MOSTRART, que se celebra na Coruña dende 1985, abrirá a súa edición número 35 o xóves 1 de agosto (inauguración prevista as 12 h.), e poderá visitarse ata o día 15 nos Xardíns de Ménez Núñez, frente o Cantón Pequeno. Este ano Mostrart acolle a 56 artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia, prácticamente todos acollidos o sistema da marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Madrid.
  • O Consello da Xunta declarou Ben de Interese Cultural 9 esculturas atribuídas ao Mestre Mateo e ao seu taller procedentes da desaparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago de Compostela. Estas pezas e figuras románicas son ben coñecidas, especialmente tras a exposición monográfica dedicada ao Mestre Mateo no Museo do Prado, e que teñen unha cronoloxía comprendida entre o 1188 e o 1211.
  • Con esta iniciativa increméntase o número de DESA situados en espazos públicos que poden ser utilizados por aqueles que asistan nun primeiro momento a persoas que sofran un episodio cardíaco revertible tras a aplicación dun desfibrilador semiautomático externo. Actualmente, a Comunidade Autónoma de Galicia conta con máis de 1.430 DESA en espazos públicos.
  • Coma no ano anterior, o obxecto de organizar estes concertos é o de amosa-lo dinamismo desta Serra, cun tipo de música alonxada de estridencias e de masificacións e que soará nos mellores escenarios do mundo, as airas dos pobos do Courel, todos e cada un dos venres do mes de agosto entre lusco e fusco. Tódolos concertos serán de balde, a partires das 20:00h.
  • Os concertos do primeiro ano no que se programa da “Noite de Galicia” pecharon o domingo 14 unha edición cualificada por hostaleiros, veciños e visitantes como a mellor dos últimos anos e que se desenvolveu sen incidencias nin altercados de orde público. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que 80.000 visitantes gozaron das diferentes propostas da música Celta. Os concertos de Gwendal, Moving Hearts, Shooglenifty e Leilía, os máis multitudinarios.
  • A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas, e conta coa participación de 50 establecementos de toda a provincia. O obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da boa materia prima da provincia, elaborada e servida por excelentes profesionais.
  • Máis dun cento de veciños de Boborás e outros participantes chegados de diferentes puntos da provincia de Ourense recrearán a vindeira fin de semana un dos acontecementos históricos máis importantes da provincia: a batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón. Os fitos históricos serán representados por voluntarios da mesma aldea, doutras parroquias do municipio e mesmo doutros concellos da provincia.
  • Presentouse a Guía de estudos de paisaxe urbana que aposta por crear espazos abertos ao mar e recuperar as fachadas litorais, símbolo e identidade dos concellos costeiros galegos. Trátase dun novo documento impulsado polo Instituto de Estudos do Territorio, para conservar e protexer o verde e azul identificativo e característico das paisaxes dos concellos de Galicia, é dicir, promove recuperar os elementos que reforzan a identidade do lugar.
  • O Corazón da Artesanía, VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou onte as súas portas en Agolada despois dunha fin de semana na que converteu o recinto histórico-artístico dos Pendellos no epicentro dos oficios artesanais, da gastronomía e da música. Un total de 9.000 persoas acudiron ata Agolada para ver o traballo de 66 profesionais da artesanía, que representaban 27 oficios diferentes, así como visitar os 47 expositores de produtos gourmet.
  • A comunidade galega acaba de despedir un dos meses de xuño máis fríos e atípicos das dúas últimas décadas. Segundo o informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, que compara os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado cos valores medios do período climático de referencia 1981-2010, xuño caracterizouse por ser un mes moi frío e húmido, con precipitacións algo por riba do normal.