Skip to main content

Notas

  • O Corazón da Artesanía, VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas en Agolada despois dunha fin de semana na que converteu o recinto histórico-artístico dos Pendellos no epicentro dos oficios artesanais, da gastronomía e da música. Arredor de 8.000 persoas acudiron a Agolada para visitar os 52 profesionais da artesanía, que representaban 26 oficios diferentes, e os 49 expositores de produtos gourmet.
  • Elman, Tunduru, The Soul Breakers e LOLA foron seleccionados como gañadores do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM e actuarán no 32º Festival Noroeste Estrella Galicia como teloneiras dos cabezas de cartel o 10 e o 11 de agosto na Praia de Riazor. O Festival, organizado polo Concello da Coruña, colabora un ano máis co Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria coruñesa Cuac FM, que este 2018 celebra a súa 20ª edición.
  • A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece case setecentas acutacións nos meses de xullo e agosto ao longo de todo o territorio. Música, danza, teatro, e demais manifestacións artísticas chegarán aos concellos a través do circuito cultural da Deputación. Cun orzamento de case dous millóns de euros, a Rede Cultural da Deputación da Coruña promove ao longo do ano 2018 un total de 1.797 actuacións.
  • Presentouse en Lugo o Blues Museum, segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.
  • A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño chega este verán a Ourense cunha carteleira de 11 actuacións de música e teatro, que abre este xoves día 5 a cantante Lucía Pérez co concerto que ofrecerá ás 22:30 na praza de San Martiño. O ourensán é un dos 103 concellos das rutas xacobeas que colaboran neste programa, organizado por Agadic e Turismo de Galicia co patrocinio de Gadis, que desenvolverá 342 citas culturais ata finais de setembro.
  • Representantes del IE Business School, AEHM, Grupo Linkers (Linkers y Hosteleo), Cegos conjuntamente con el CSHG Alumni y como continuación de la segunda edición del Debate de Formación Hotelera, han aunado sus fuerzas para dar forma al OBSERVATORIO DE LA FORMACIÓN TURÍSTICA. La cita se desarrolló en el Centro Superior de Hostelería de Galicia el pasado 19 de junio, impulsada y organizada por CSHG Alumni -Antiguos Alumnos del Centro Superior de Hostelería de Galicia-.
  • Santiago volverá a vestir sus mejores galas en los escenarios históricos y monumentales que se reparten por la capital de Galicia para acoger, por octavo año consecutivo, el Festival Peregrinos Musicales. Al Teatro Principal, la Catedral de Santiago y el Auditorio de Galicia se añaden este año el Salón Teatro, el Paraninfo de la USC y el Auditorio de Sanxenxo.
  • A Concellería de Xuventude de Ourense vén de presentar, no salón de plenos municipal, un evento que pode cambiar o curso da historia: trátase do Survival Zombie, un xogo aberto a toda a mocidade (a partir de 10 anos) de Ourense no que haberá que procurar o antídoto contra unha praga de mortos viventes. Na organización haberá máis dun cento de persoas, e cóntase coa complicidade do Campus de Ourense de rugbi e dos Olimpo e Uro, de airsoft.
  • No ano 1963, e con tan só dúas piraguas canadenses, un grupo de deportistas de Ourense botábanse río Miño abaixo para chamar a atención sobre os deportes náuticos. Hoxe, no salón de plenos municipal, eses mesmos “aventureiros” arroupaban a presentación do 50 Descenso do Miño, que convocará este sábado 23 de xuño en Ourense a medio milleiro de deportistas (497 confirmados) de 38 equipos.
  • O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó, para despois xirar por outros festivais de verán e teatros do país. O de clausura será a estrea en Galicia do espectáculo inglés The Table, de Blind Summit, premio do Festival Fringe de Edimburgo e un dos mellores espectáculos do mundo segundo varios medios como Guardian, Sunday Telegraph ou Chicago Sun Tribune, entre outros galardóns.