Skip to main content

Notas

  • O Feito a Man, a cita estival coa música ao vivo en Santiago de Compostela organizada pola AC Cidade Vella, chega á súa XIX edición coa volta á normalidade tras dous anos de restricións. Baixo o lema 'no calor das rúas', neste 2022 o festival amplía datas e programación con 31 actuacións, do 10 ao 27 de agosto, en prazas e terrazas da zona vella compostelá para encher de música en directo emprazamentos históricos desta cidade Patrimonio da Humanidade.
  • A mostra 'O Esplendor do Camiño. Oito séculos de Pratería e Acibeches en Compostela' constitúe unha aproximación á realidade destas dúas artesanías, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea, como da propia cidade de Santiago, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e en distintas rúas do seu casco histórico.
  • La acogida por parte del público de la iniciativa hace que los locales hayan decidido por unanimidad prorrogar las exposiciones, hasta el día 3 de julio. La prórroga surgió de los propios locales, a pesar de que al comenzar las rebajas necesitan sus espacios más que nunca, y desinteresadamente los ceden para promocionar artistas locales.
  • O Teatro Colón acollerá, un ano máis, o Xullo Pop, un dos ciclos cos que o departamento de Cultura da Deputación da Coruña segue a apostar por unha programación propia na que, como no Maio Jazz e na Festa da Música, teñan cabida todos os estilos musicais da música que se fai na Galiza e en galego. A cita, nada máis comezar o mes que vén, é tripla: o venres 1, con Anxo Araújo; o sábado 2, con Garza; e domingo 3, con Grampoder. As entradas, de balde, xa se poden retirar na páxina web do Colón.
  • Durante os días 9, 10 e 11 de xuño a Asociación Millo Verde festexará na Praia de Cesantes o XV Festival Alternativo Millo Verde onde a gran novidade é que o festival volve ser totalmente de balde e de libre acceso. 3 días de música, deporte, artes escénicas, baile africano, timbalada e moitas actividades máis. Todo isto no entorno da Praia de Cesantes en Redondela, onde tamén se encontrará unha zona gastronómica e artesana que creará un ambiente único.
  • Organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, e co apoio económico e institucional da área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Folgoso do Courel, do Plan Leader xestionado polo GDR Ribeira Sacra-Courel e, non menos importantes, de Radio Bogavante, piensos Bittal, Caixa Rural Galega, Fundación Uxío Novoneyra, AGCT ou a Sociedade Micolóxica Lucus, volta o CourelSon ás airas e aos soutos de Courel.
  • Anualmente, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo efectúa unha viaxe cultural internacional para os seus asociadose coincidindo coa "ponte" das Letras Galegas, tendo celebrado actos de exaltación das Letras con tal motivo en destinos tan lonxanos como Rumanía, Grecia ou Xordania.
  • O trío británico Muse actuará en Vigo dentro da programación do Xacobeo 21-22 o vindeiro 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España. Na cidade tamén actuarán C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, haberá outros dous ciclos (Xacobeo Importa e Xacobeo Vigo) e dous festivais (Latitudes e Música Urbana) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.
  • A Universidade da Coruña retoma coa edición deste ano do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña o camiño cara a normalidade. Aínda que este ano o FITEUC terá un formato máis reducido, desde a vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte esperan que o próximo curso se volva a un festival coa participación de universidades como as de antes da pandemia.
  • A 23ª edición desta iniciativa musical destinada a promocionar novos valores da música Celta, será o primeiro concurso que acolla a renovada web do Festival. O Concello de Ortigueira tamén enfocará nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento a nivel mundial. Renovará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 20 de maio.