O son dos arrieiros desembarca na Estrada o 29 e 30 de outubro

Serán dous días consecutivos de música nos que os artistas actuarán na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, nun espazo amplo que permitirá a adaptación aos protocolos sanitarios vixentes. Algo máis de 500 persoas sentadas, poderán gozar desta proposta, que da un paso en firme pola aposta na deslocalización temporal dos festivais.
Novedades Carminha, Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ ou Heredeiros da Crus, que ofrecerán o seu único concerto en formato eléctrico do 2021, pasarán polo escenario do recinto, convertido nunha gran salón de concertos para a ocasión e que contará con servicio de barra e restauración para os asistentes.
Ademáis, o festival contará cunha programación complementaria, gratuita e para todos os públicos, que será desvelada durante os vindeiros días e que completará unha experiencia integral para a última fin de semana de outubro.
Será a partires de mañá, venres 24 cando se poderá optar á compra dun dos 100 abonos de lanzamento, a un prezo de 30 euros + gastos, nos que se premiará a confianza cega dos espectadores. O venres día 1 de outubro, desvelarase a distribución por días e abrirase a venda para candasúa xornada a un prezo de 22 euros + gastos. A venda activarase ás 12 da mañá en ataquilla.com.
O son dos arrieiros