A UDC retoma nun formato máis reducido o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña
O FITEUC, que se verá no Centro Ágora, comezará este mércores, día 20 coa Aula de Danza da UDC-Campus de Ferrol que amosará unha mostra do traballo “Eco”. Coa dirección e coreografía de Cristina Montero actuarán Alejandro García, Carmen Pardo, Carmen Sas, Cristina Moreira, Eugenia Sanmartín, Helga Méndez, Juliana Andrea Galindo e Saioa Ventura.
A continuación sairá á escena a Aula de Teatro da UDC-Campus de Ferrol, coa mostra do traballo “Oda ao odio”. Baixo a dirección de Fran Nogueira, interpretarán Claudia Naveiro, Claudia Buyo, Paula Tubío, Amanda Marquina, Uxía Catoira, Daniel Vilela [Nelu] e Sarath Krishnan.
Finalmente, actuará a Aula de Danza da UDC coa peza “Un lugar” na dirección de Alba Fernández. O elenco está formado por Mariola López, Patricia Iglesias, Elías Álvarez, Cristina Nogueira, Alfonso Louro, Ana Blanco, Lucía Vázquez, Daniela Castellanos, Fabiola Fraga e Reme Cuba e coa iluminación de Afonso Catro.
O FITEUC continuará o xoves, 21 de abril, coa Aula de Teatro da UDC que interpretará “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño. Dirixidos por Rubén Ruibal actuarán Andrés Rey, Pedro Lago, Lays Portela, Laura Pereira, Nuria F. Piñeiro, José David Martínez Reboredo, Mariña Naya Fernández, Adrián Villegas, Giandomenico Morello, Nuria Calvo, Marcelino Fuentes, Celia Segade Quintas, e con Afonso Castro na iluminación e Celia Segade de axudante de dirección.
As actuacións dos dous días comezarán ás 20:00 horas.

Universidade da Coruña