Activada a central de reservas para poder visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas en Semana Santa
A través desta plataforma dixital, habilitada pola Xunta de Galicia en 2018, as persoas interesadas en achegarse ás illas entre o venres 8 de abril e o domingo 17 de abril deberán tramitar previamente a súa autorización —de carácter persoal e intransferible e dotada de códigos de control QR—, un requisito imprescindible para poder viaxar ao Parque Nacional nesta época do ano.
Os visitantes terán a posibilidade de reservar de forma telemática ata 10 prazas por solicitude, cubrindo os datos persoais de cada viaxeiro de forma individual. Unha vez que se dispoña da correspondente preautorización, os solicitantes terán unha marxe de dúas horas para comprar o seu billete con calquera das navieiras autorizadas a prestar o servizo de transporte regular ás illas durante a Semana Santa.
Neste sentido, tal e como se indica na propia central de reservas, para acceder ao Parque Nacional é imprescindible adquirir un billete de barco, cuxo custo correrá, en todo caso, por conta do visitante. Será nese momento cando a autorización de acceso outorgada pola Xunta quede confirmada e se lle remitirá por email ao solicitante, que tamén poderá descargala desde a propia páxina web.
Cómpre lembrar que desde que na Semana Santa do ano 2018 a Xunta implantou por primeira vez o sistema de acceso regulado só para as Illas Cíes, a central de reservas funcionou de forma continuada e sen incidencias, ao tempo que se foron introducindo melloras, novas funcionalidades e se estendeu ao ano seguinte ao arquipélago de Ons. Catro anos despois, o sistema vixente durante a Semana Santa e o período estival —nos que o número máximo de visitantes en transporte regular está fixado en 1.800 persoas no caso de Cíes y en 1.300 en Ons— está xa totalmente consolidado.
Ademais, cómpre lembrar que este mesmo mes o Parque Nacional acaba de estrear a páxina web illasatlanticas, un novo portal máis visible e accesible.

Parque Nacional das Illas Atlánticas