A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo celebra o Día das Letras Galegas en Bulgaria
Xiz, membro da asociación, falou de Fernández del Riego, o seu papel na creación do "Día das Letras", os 60 anos que se cumprían desde a primeira edición en 1963, e o exemplo que para a vitalidade do Galego supón a existencia de destacados escritores "alófonos" - Pérez Creus, Anne Marie Morris ou García Lorca, entre moitos outros -, asi chamados por Alonso Montero os non galegos con obra importante no noso idioma.O acto rematou co canto colectivo do Himno Galego.
Similares actos téñense celebrado nos últimos anos con motivo da viaxe dos Amigos do Camiño a Rumanía, Xordania ou Sicilia.
Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo

