Notas
-
A campaña vai dirixida aos medios de comunicación galegos, dado que o 32% dos turistas de Galicia proceden precisamente da propia comunidade. Trátase da primeira campaña turística que mestura fotografías e elementos textuais con elementos característicos das Redes Sociais.
-
Os balnearios e os talasos serán o único subsector turístico cunha orde específica de subvencións por valor de 1,75 millóns de euros para a creación de establecementos. Púxose enriba da mesa esta información durante as Xornadas Profesionais de Termalismo.
-
Publícanse no DOG as ordes reguladores das axudas da Xunta ás axencias de viaxes para comercializar e promocionar o destino Galicia e mais para acometer obras de mellora nos acampamentos turísticos.
-
O presidente da Xunta lembra que un dos principais éxitos turísticos de Galicia, o Xacobeo, xurdiu en plena deflación económica e en medio dunha gran incerteza e avoga por non interromper ese gran exemplo pese aos pésimos tempos.
-
A Fundación Mondariz Balneario arranca o proxecto Aquaturnat coa constitución dun comité de expertos integrado no proxecto POCTEP da Unión Europea. A difusión internacional do termalismo galego e a creación do Museo Virtual da Auga, entre os obxectivos desta iniciativa.
-
As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela’" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000.
-
O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecen 62 menús enogastronómicos.
-
É a primeira acción do Plan de Turismo Enogastronómico da Xunta de Galicia. Ademais, de degustacións e visitas, as xornadas inclúen actividades complementarias. 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta.
-
Os establecementos hoteleiros rexistraron unha suba do 0,4% respecto ao ano pasado e os extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e turismo rural) do 15,8%. Todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas.
-
O emblemático Hotel Ritz de Madrid, que pertence á cadea Orient Express, escolle ao Centro Superior de Hostelería de Galicia para formar ao seu persoal responsable de servizos de restauración, co fin de manter os seus estándares de calidade entre a súa clientela.