Skip to main content

O Hotel Ritz de Madrid escolle ao CSHG para formación do seu persoal

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) impartirá una formación para os 47 empregados de Servizos de Restauración do Hotel Ritz Madrid ata o 27 de abril. O responsable do departamento de Servizos do CSHG, Ángel Benavente trasladarase a este establecemento hoteleiro situado nas inmediacións do Museo do Prado para formar aos traballadores.

Os obxectivos do curso é estandarizar os procesos de servizos e venda e desenvolver e potenciar actitudes da atención ao cliente. A metodoloxía será eminentemente práctica, con breves exposicións teóricas que se aplicarán a través de exercicios como xogos de rol, estudios de caso, análise de situacións e exercizos de grupo. Os temas abordarán o traballo en equipo, o concepto de servizo, a mise en place, as expectativas do cliente, o servizo de sala, a venda e a toma da comanda.

O Hotel Ritz foi construído en 1910 segundo os desexos do Rei Alfonso XIII e tense convertido nun dos hoteis icona de Europa. Desde a súa inauguración deu a benvida a diversas casas aristocráticas, así como aos máis altos mandatarios, ofrecendo sempre un servizo e luxo exquisito.

Actualmente pertence á cadea de luxo, Orient Express, unha compañía que ofrece a súa selecta clientela so máis altos estándares de calidade.

Recentemente, o responsable de Calidade e Formación do Hotel Ritz Madrid, David Núñez, estivo no CSHG presentando a compañía Orient Express aos alumnos e entrevistándoos para facer prácticas nos seus establecementos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia