Notas
-
A clave da campaña é o uso da tecnoloxía de código QR co que os peregrinos poderán obter entrada reducida e un exemplar dun libro de Camilo José Cela. A Fundación está aberta nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, de 10 a 21 horas.
-
Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, participa na feira ExpoCatólica 2013 que, dende o 20 e ata o 26 de xullo, ten lugar no recinto feiral Riocentro da cidade brasileira de Río de Janeiro, e pola que adoitan recibirse case 300.000 visitantes.
-
Nos exercicios 2012 e 2013 xa se investiron 2,5 millóns e nos vindeiros 2014 e 2015 prevese un importe doutros 2 millóns de euros para mellorar os seis parques cos que conta Galicia: Monte Aloia, Corrubedo, Fragas do Eume, Baixa Limia- Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e o parque nacional das Illas Atlánticas.
-
Na súa visita está previsto o percorrido por algunhas vilas e recursos turísticos da Costa da Morte así como Arousa Norte, parte do Barbanza, a Ría de Muros e Noia e as cidades de Vigo, A Coruña e Santiago.
-
O Xacobeo asina un convenio con concellos do Camiño Francés para que os municipios proporcionen aos peregrinos información turística especializada sobre a ruta xacobea e os seus recursos culturais. Incrementarase o persoal especializado necesario nos puntos de información.
-
Esta proposta enmárcase na estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Xunta, centrada na innovación, a mellora da comercialización ou a formación. Mónica de Nut e Virxilio da Silva e o Dúo Fernández e Quintá poñerán a música nunha xornada na que tamén se presentará o proxecto Regal Gourmet.
-
A Xunta de Galicia decide incorporar o Castelo de Sobroso, de Mondariz (Pontevedra) ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. Trátase dun castelo medieval construído entre os séculos IX e XII e hoxe é unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia.
-
Durante a entrega dos distintivos nun acto na praia de Valcovo, en Arteixo, o presidente da Xunta amosa o seu convencemento de que Galicia acadará o saneamento integral das rías en plena crise económica e destaca a prioridade que da a Xunta á calidade das augas e das praias.
-
Trátase da XIV edición da SacroExpo, considerada a máis importante de Europa no seu xénero e que reúne na cidade polaca de Kieice a 300 expositores de todo o mundo. Este ano incorpora novidades como tecnoloxías para o deseño de espazos verdes.
-
Consta de 1.135 pezas das doce etnias do Amazonas venezolano, 120 imaxes de Edgardo González Niño e Charles Brewer-Carías e unha pequena colección sobre a tradición fluvial galega. Por todo isto, está considerada como unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo.