Notas
-
A análise destaca a web da marca do turismo galego como a mellora das comunidades autónomas. A web galega obtivo o mellor ICW (Índice de Calidade Web) dos 17 portais turísticos institucionais e destacou en calidade técnica (textos e imaxes, especialmente).
-
A exposición enmárcase nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e ten 3 sedes: a Capela do Pilar da Catedral de Santiago, as tullas do Mosteiro de San Martiño Pinario e a Igrexa de San Francisco.
-
O bibliotecario Antonio Magariños Compaired presentou na Casa de Galicia en Madrid, unha "Selección de fontes para o estudo do Camiño de Santiago. Unha proposta de percorrido", no marco do Seminario J. A. Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos.
-
Galicia como destino e o Camiño de Santiago como reclamo principal, algúns dos recursos e produtos turísticos que se presentaron en Moscova á prensa especializada e a axentes e operadores turísticos rusos. A nova conexión aérea vía Istambul fixa este novo obxectivo comercial.
-
A Organización Mundial do Turismo edita un libro sobre experiencias turísticas sustentables entre as que se atopa o Camiño de Santiago. Son 14 historias de turismo.
-
A campaña da Deputación Provincial de Lugo para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade supera as 4.500 sinaturas. Un grupo de expertos está a realizar un estudo científico que avalará o valor paisaxístico, arquitectónico e natural.
-
A acción promocional da Ruta Xacobea completouse dunha degustación de viños e produtos gastronómicos galegos con denominación de orixe, e cun encontro coa escritora coreana Kim Hyu Sun, autora de tres libros sobre o Camiño.
-
Celébrase os días 9 e 10 de novembro a degustación popular da castaña típica do Courel (Lugo), organizada polas localidades de Folgoso e Seoane que desde o ano 1986 se unen para fomentar o consumo deste produto típico galego.
-
O Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo están irmandados e Xapón é o principal mercado turístico asiático para Galicia. Preto de 9.800 viaxeiros xaponeses aloxáronse nos establecementos hoteleiros galegos ao longo de 2012 e un de cada cen peregrinos estranxeiros que chegou a Galicia no que vai de ano procede do Xapón.
-
As novas distincións, nas categorías de institucións e de persoas que destacan pola súa promoción internacional das rutas xacobeas, entregaranse cada ano en outubro, coincidindo co día en que o Camiño foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa hai 26 anos.