Un estudo da Universidade Pombeu Fabra resalta a web da marca Turismo de Galicia
O informe 'Sitios web turísticos das comunidades autónomas españolas', coordinado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, conclúe que a web de Turismo de Galicia é o mellor de todos os portais turísticos institucionais de España, unha vez analizados os das 17 territorios españois.
Este informe, publicado en xaneiro de 2014 reflicte que o sitio web oficial de Galicia salienta en todos os parámetros da análise e perfílase como “un sitio web atractivo, de fácil consulta e eficaz, no sentido que resulta persuasivo para os usuarios”.
Ademais, indícase neste estudo que a web do turismo galego sobresae na súa calidade técnica e revélase como un exemplo a seguir no xeito en que concibe os seus textos e as súas imaxes “para que acheguen razóns obxectivas e emocionais para visitar o destino”.
Imaxe de marca
A Universidade Pompeu Fabra indica que o sitio web turístico de Galicia compórtase “moi por riba da media en imaxe de marca e comunicación móbil”. No primeiro caso, grazas á axeitada utilización de pezas audiovisuais que reforzan a creación dunha identidade emocional para a marca de destino e ao uso de narracións e mitos que alimentan o seu relato.
No caso da comunicación móbil, o estudo salienta a oferta de aplicacións e a súa “dispoñibilidade para todo tipo de plataformas”.
Para a Universidade Pompeu Fabra, a estratexia da mensaxe da web de Turismo de Galicia móstrase como a máis axeitada nas 17 webs oficiais de turismo das comunidades autónomas españolas. Isto débese, apunta o informe, “a que en ocasións delega o rol enunciativo a emisores intermedios que reforzan o poder de convicción da mensaxe a causa de que é quen de xerar unha meirande empatía co usuario”.
Parámetros avaliados
As características, parámetros, que analizou este traballo de investigación están os aspectos técnicos, que inclúen a arquitectura da información, a usabilidade e accesibilidade, e o posicionamento web.
Neste ámbito analizáronse tamén os aspectos comunicativos relacionados coa páxina de inicio, os idiomas e a calidade e cantidade do contido.
Tamén se avaliaron parámetros persuasivos que teñen que ver coa comercialización, a imaxe de marca e a análise discursiva.
Por último, o traballo coordinado pola Universidade Pompeu Fabra avaliou os aspectos relacionais, tales como a interactividade, a web social e a comunicación móbil.
En definitiva, este estudo constitúe unha ferramenta capaz de avaliar, individual ou colectivamente –estudo de benchmarking-, a calidade de sitios web de destinos turísticos. Como resultado, ofrece datos sinxelos de comprender e que permiten avaliar facilmente o rendemento propio e o rendemento comparado con outros destinos, sexan ou non competidores.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia