Notas
-
Os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela encaixan nun estratexia de aposta de Galicia polo turismo cultural. Así quedou de manifesto no II Foro sobre o Futuro do Turismo Galego.
-
Stephen Wood, enxeñeiro canadense, recibiu un Bono Iacobus para percorrer as rutas xacobeas aloxándose en casas de Turismo Rural e con almorzo e cea incluídos para saborear a gastronomía típica de Galicia, como peregrino 200.000 que chega a Compostela en 2013.
-
Ata o 12 de xaneiro de 2014 permanece aberta no Museo da Cidade de Cultura de Galicia a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, que ven de presentarse na Casa de Galicia en Madrid co fin de promocionar a mostra da cultura e do patrimonio latinoamericano.
-
O Hostal dos Reis Católicos e o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil ocupan os dous primeiros postos do ranking baseado nas opinións dos usuarios da web de viaxes TripAdvisor e logran os dous primeiros premios no III Traveller’s Choice Paradores.
-
Concertos de diferentes estilos e funcións de teatro, maxia e novo circo teñen cabida nesta programación como parte dos actos conmemorativos do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. Os espectáculos de 56 grupos de música e compañías escénicas exhibiranse desde mañá e ata finais de mes no marco desta nova carteleira, cen por cen galega, que incide na descentralización da oferta cultura.
-
A cifra de viaxeiros aloxados en establecementos galegos en agosto subiu un 11,6% -a suba máis elevada dos últimos once anos, mesmo por riba do nivel do último Ano Santo- e o número de pernoitas subiu un 6,5%. Só no mes de agosto, Galicia recibiu máis de 727 mil viaxeiros.
-
CCamina inclúe entre as súas actividades a CCaminata de Líderes: unha actividade no Camiño Norte orientada ao coaching, o desenvolvemento persoal e a formación para o liderado. O proxecto CCamina combina o Camiño de Santiago coas accións formativas.
-
A cifra de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros galegos subiu un 13,4% e a de pernoitas un 8,5% a respecto de agosto de 2012 e acada máximos históricos que superan en 20.000 persoas a cifra de agosto do último Ano Santo. Un total de 581.118 viaxeiros aloxáronse nos establecementos hoteleiros de Galicia.
-
Preto de 60 expertos de 14 países asistirán ao VIII Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que acollerá a 13ª feira Termatalia na que participarán 31 países e 237 expositores, o que colocará a Ourense e a Galicia no epicentro do termalismo mundial.
-
Este ben respeta a compatibiidade da actividade agraria co seu ámbito de protección, dando así resposta a unha demanda histórica e harmonizándoa coas demandas das comunidade veciñal de respecto da plantación dos pementos da zona.