Turismo de Galicia promociónase na feira brasileña Expocatólica 2013
Trátase da décima edición de esta feira, considerada entre as máis importantes do mundo no seu xénero. Este é o oitavo ano que Galicia e o Camiño de Santiago están presentes neste evento que adoita rexistrar unha media de 250 mil visitantes.
Esta edición 2013 ten lugar por primeira vez en Río de Janeiro, xa que o seu lugar habitual é a cidade de São Paulo.
A Feira reúne a empresas editoras, de servizos, distribuidores especializados, congregacións e comunidades, santuarios e colexios e universidades católicas, así como áreas de Educación, Turismo, Xestión Eclesiástica e Vocacións Relixiosas. Entre os apoios cos que conta están as arquidioceses de Río de Janeiro e de Sao Paulo, a Conferencia Nacional dos Bispos do Brasil, a Asociación Nacional de Educación Católica e a Pastoral de Turismo.
O Xacobeo participa cun stand de deseño propio de 24 m2 (6x4) no que amosa os principais atractivos dos Camiños de Santiago por medio de grandes fotografías e a proxección de vídeos promocionais, ademais de entregar material informativo impreso e atender a cada interesado de xeito individualizado, así como aos numerosos medios de comunicación presentes neste importante evento que ocupa unha superficie expositiva superior aos 15 mil metros cadrados.
A Feira conta habitualmente cunha área específica dedicada ao turismo relixioso e de peregrinacións chamada Salón Peregrinus. Nesta área están presentes, entre outros, destinos como Italia, Israel, Polonia, Francia ou España, xunto coas principais axencias de viaxes e turoperadores especializados neste sector de turismo que é un dos que está a experimentar un maior crecemento en todo o mundo. No Salón Peregrinus reúnense tamén rutas de peregrinación, municipios con destinos relixiosos e museos de arte sacra.
Ademais, a Feira celebra diversos eventos paralelos como ExpoVocacional, para a promoción das vocacións relixiosas; CONAGE (Congreso Nacional de Xestión Eclesiástica) para a xestión de parroquias, comunidades e casas relixiosas, ou o Salón ANEC relativo á Educación Católica.
Destino emerxente
Os Camiños de Santiago espertan grande interese no país. Brasil aporta o maior número de peregrinos procedentes de América Latina, contabilizándose no pasado ano 2012 2.229 que obtiveron a Compostela, a acreditación oficial da peregrinación que expende a Oficina de Acollida ao Peregrino da Catedral de Santiago.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia