Skip to main content

Xornalistas italianos da revista Edisport coñecen a oferta turística de Galicia

Un equipo de dous xornalistas italianos, que representan á revista de motociclismo Edisport, percorren estes días Galicia nunha viaxe de familiarización co obxecto de coñecer a oferta turística galega, centrada na Costa da Morte, Arousa Norte, o Barbanza e as cidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Os xornalistas italianos recollen material xornalístico relacionado co Turismo de natureza con visitas programadas polo seu medio de comunicación, coa colaboración de Turismo de Galicia e a Oficina de Turismo de España en Milán.

Na súa estadía, que se estenderá ata mañá, os xornalistas poderán coñecer tamén parte de Arousa Norte, parte do Barbanza e a Ría de Muros e Noia.

Programa

Os visitantes italianos iniciaron a viaxe en Vigo, desde onde se trasladaron a Fisterra, pasando por Pontevedra, Rianxo, Ribeira, Pordo do Son, Noia, Muros, Carnota e Cee.

Os días 14 e 15 realizaron unha viaxe entre Fisterra e a cidade da Coruña, pasando por Muxía, Malpica de Bergantiños e Carballo.

Para pechar a súa estadía en Galicia os xornalistas, especializados en motociclismo, visitarán hoxe a cidade da Coruña e mañá estarán en Santiago.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia