Notas
-
O único coitelo romano atopado en Galicia que aínda conserva a empuñadura de óso, fustes de columnas e múltiples restos cerámicos son algúns dos materias que xa están no Museo Massó, procedentes do xacemento de Pescadoira.
-
O xornalista Michael Webb visita a comunidade galega para realizar un traballo centrado nas peculiaridades culturais e gastronómicas do destino, e as posibilidades galegas como destino de vacacións.
-
Algúns dos atractivos da cidade durante a Semana Santa xirarán en torno ás procesións -en Santiago hai 13 confrarías, algunhas do século XV- e actos litúrxicos que terán lugar na cidade como a primeira edición de Santiago Pasión.
-
Presentouse no Balneario de Mondariz o Museo Virtual da Auga e mais do Museo Físico da Auga que se enmarcan no proxecto Aquaturnat, do que forma parte a Administración turística galega como integrante do Comité de Expertos.
-
Os restaurantes La Paz (Viveiro) e Galici’ (Begonte), xunto coa casa rural El rincón de Anita (Foz), foron galardoados no marco do XIV Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2013.
-
O Consello da Cultura Galega promove en Compostela unhas xornadas de estudo e debate sobre a protección dos camiños históricos en Galicia, no seo da que se anunciou o inicio dos estudos para o recoñecemento oficial dos Camiños de Inverno e Portugués da Costa.
-
Unha delegación conformada por representantes de organizacións de India reuniuse con Cultura para abordar as posibilidades de colaboración entre Galicia e India, en especial nas áreas de aprendizaxe de linguas, formación profesional e programas educativos europeos.
-
Turismo de Galicia participa xunto a Turespaña e Exceltur nunha xornada técnica de ámbito nacional organizada polo Instituto de Turismo da Rexión de Murcia relacionada coa creación e deseño de produtos turísticos. Presenta a estratexia da marca turística Galicia, gárdasme o segredo?
-
O certame turístico Reisen 2013, da cidade de Hamburgo, está especializado en campismo e autocaravaning, unha modalidade elexida polo 9.5% dos turistas internacionais que visitan Galicia desde Alemaña.
-
Celebrouse en Santiago a presentación da novela, que estivo organizada pola S.A. do Plan Xacobeo. O autor vendeu un millón de exemplares de outra das súas novelas, ‘El mozárabe’, na que tamén aparece como escenario esta ruta.