Notas
-
O presidente da Xunta recibiu a unha delegación do Parlamento do Xapón e ao embaixador deste país en España para tratar das relacións económicas e culturais arredor do Camiño Kumano e do Camiño de Santiago. Xapón solidarizouse con Compostela polas víctimas do accidente de tren do 24 de xullo.
-
La Solemne Procesión Magna de Viveiro se celebrará en Viveiro el 14 de septiembre del presente año 2013. Esta Procesión se realiza para conmemorar la Declaración de Interés Turístico Internacional de la Semana Santa de Viveiro en el pasado mes de abril y es organizada por la Xunta de Cofradías de Viveiro.
-
A Deputación impulsa a Festa da Malla de Meira que se celebrou hoxe cun grande éxito de participación. Entre os milleiros de persoas se achegaron ata esta localidade para desfrutar dalgunha das actividades propostas polos organizadores, atopábase o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano.
-
Un ano máis, e xa van catro, o Minho Reggae Splash será o encargado de pechar a tempada de festivais de referencia do verán e farao con nova localización, no Espazo Fortaleza de Goián. Dous días cheos de actividades deportivas e artísticas, espectáculos de rúa, obradoiros, feira de artesanía e por suposto con moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converterán novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.
-
O programa ‘Música no Camiño’ amenizará con actuacións musicais as tardes estivais no camiño francésTurismo de Galicia e os concellos do Camiño Francés veñen de rubricar un acordo de colaboración a través do que se promoverá a distribución do produto musical galego nos concellos polos que discorre este Camiño. A través deste acordo, os devanditos municipios contarán con actuacións musicais para amenizar as tardes estivais, que se desenvolverán en lugares públicos e que serán de libre acceso e sen cobro de entrada.
-
Entre el 15 y el 17 de agosto, el emplazamiento se convertirá en el escenario de proyección de los grupos urbanos coruñeses que compartirán espacio con algunos de los referentes nacionales de hip-hop, rock y música electrónica
-
Os próximos 30, 31 de agosto e 1 de setembro de 2013, a vila de Foz volverá ata o século X lembrando a lenda do bispo santo Don Gonzalo e as incursións dos pobos nórdicos na mariña lucense e na Galiza. Nesta terceira edición da festa, o Concello de Foz, o grupo de traballo da Festa Normanda e o Grupo Taranis, ofrecerán diferentes propostas para dar vida a este importante evento de recreación histórica.
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, recibiu esta mañá en Santiago a unha delegación de peregrinos procedentes da illa nipona de Shikoku. A delegación iniciou deste xeito as visitas institucionais para establecer unha liña de colaboración entre a promoción do Camiño de Santiago e a promoción do Shikoku Henro, unha viaxe relixiosa por 88 templos que rodea a illa de Xapón e que consta duns 1.200 quilómetros de percorrido.
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e mais o presidente da Asociación NOVE Grupo Gastronómico; Miguel Ángel Campos Gómez asinaron esta mañá un convenio cuxo obxectivo é a promoción conxunta de Galicia como destino turístico, promovendo e comercializando a gastronomía galega.
-
Turismo de Galicia participa nas xornadas de promoción de Turismo de cruceiros da Oficina de Turismo de España en Miami (EE.UU) ao obxecto de dar a coñecer as posibilidades coas que conta a Comunidade galega para esta modalidade turística.