Notas
-
Trátase dun novo recurso pensado para contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica en lingua galega e facilitar a comunicación entre os profesionais do sector. Recolle aproximadamente 3000 conceptos, con 3600 denominacións galegas.
-
O obxectivo é intercambiar experiencias sobre o desenvolvemento turístico das rutas relixiosas e culturais así como das Cidades Patrimonio da Humanidade, como Santiago de Compostela, Guanajuato e San Miguel de Allende (México). Galicia aporta a experiencia turística da Ruta Xacobea.
-
O premio –outorgado por Fitur e a revista ‘Aire Libre’ foi entregado pola directora da revista especializada, Paloma Fernández; pola directora de Fitur, Ana Larrañaga e mais polo director de Nacional da Área Comercial de Fitur, David Solar.
-
A destacada presenza de Lugo e da Terra Chá “nos paquetes temáticos cos que Turgalicia nos mostra ao mundo” promociona sobre todo o patrimonio arquitectónico e a riqueza natural. A Muralla de Lugo, no "top ten" dos reclamos da web turística galega.
-
Por segundo ano consecutivo o Concello de Tui estará presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), unha das principais feiras de turismo do mundo, que se celebrará en Madrid dende hoxe 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro de 2013.
-
A nova conexión aérea de Santiago con Estambul; a Volta Ciclista na Coruña; o novo número da guía ‘...E para comer, Lugo’; a Artesanía de Galicia; o Corpus de Ponteareas e o campionato de Surf Pantín Classic foron as presentacións que acolleu o stand galego na 33 edición do certame turístico máis importante de España.
-
Turismo de Galicia colabora cos Premios de Gastronomía e de Xornalismo Álvaro Cunqueiro, da Feira do Cocido de Lalín que este ano celebra o seu día grande o domingo 3 de febreiro, e que xa se internacionalizou como xeodestino turístico de altas potencialidades.
-
Turismo de Galicia a través do Xacobeo, acude por quinta vez consecutiva a esta feira dada a importancia crecente dos peregrinos procedentes de Irlanda que camiñan a Compostela. O Xacobeo proporcionará información de Galicia en xeral como destino.
-
Representantes do proxecto A Alma da Artesanía da Mariña Lucense levan tamén estes resultados á feira do turismo de Madrid, Fitur, entre os que figura a creación de obradoiros de artesanía con grupos de traballo prácticos para os turistas e visitantes á zona.
-
Representantes dos territorios turísticos integrados nos xeodestinos intercambian información cos axentes de viaxe maioristas que operan en territorio galego. A xornada foi promovida por Turgalicia.