Skip to main content

O concello de Tui, presente en Fitur 2013

Nesta edición a presentación da oferta turística de Tui terá lugar o xoves 31 de xaneiro no stand de Turismo “Rías Baixas” da Deputación Provincial de Pontevedra ás 11,30 horas da mañá.

Esta participación do Concello de Tui da continuidade á presentación realizada o pasado ano no stand de Turgalicia da oferta turística da Eurocidade Tui – Valença coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes.

Este ano de novo pois o Concello de Tui estará presente neste certame que reúne anualmente en Madrid a mellor selección da oferta turística. Fitur é unha excepcional fiestra aberta a un numeroso público e profesionais que se achegan a esta feira para coñecer as diversas ofertas alí presentes.

Gabinete de Prensa do Concello de Tui