Skip to main content

Nava Castro recibiu a unha delegación de xaponeses que percorren o Camiño de Santiago procedentes da illa de Shikoku, que conta tamén cunha peregrinación milenaria

Esta peregrinación iniciouna hai máis de 1.200 anos o gran monxe Kobo Daishi Kukau que realizou este percorrido co obxectivo de levar a cabo unha formación persoal. Cada ano medio millón de persoas realiza este percorrido.

Durante uns días, os integrantes desta delegación procedente de Xapón percorreron a Ruta Xacobea polo Camiño Francés e hoxe mesmo achegábanse tamén a coñecer Fisterra. Os integrantes da delegación, entre os que se atopaban os responsables de dous dos 88 templos que conforman o Shikoku Henro, amosaron gran interese pola Ruta Xacobea e por establecer liñas de colaboración mutua na difusión, promoción e divulgación de ambas peregrinacións milenarias.

Representantes de Turismo de Galicia viaxarán en breve á illa nipona para coñecer de preto as singularidades da ruta e para traballar en futuras colaboracións conxuntas de cara a estreitar os lazos entre ambas peregrinacións.

A ruta Shikoku pode percorrerse a pé pero tamén en bicicleta, en moto ou en coche. É unha ruta centrada na natureza e na contemplación da paisaxe, así como no patrimonio e a tradición.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia