Skip to main content

A fins de agosto a vila de Foz volverá ata o século X lembrando as incursións dos pobos nórdicos na mariña lucense

O venres día 30, o pregón do escritor Francisco Narla dará paso á representación teatral na ermida de San Martiño e rematará con unha gran ceremonia de pacificación frente ao Concello.

Durante toda a fin de semana, o Grupo Taranis, empresa de recreación histórica de Lugo, contará coa axuda de Gallaecia Ulf (Lugo) e Os Mercenarios do Norte (A Coruña) para desenvolver as actividades de animación e dar vida ao campamento vikingo instalado frente ao CENIMA.

O gran desembarco e combate na praia o sábado ao mediodía, o concerto folk do grupo Nasdrovia (Lugo) o sábado a noite, o desembarco miúdo do domingo, os xogos populares e moítisimas más propostas vos agardan en Foz para formar parte dunha orixinal viaxe polo noso pasado.

http://festanormandafoz.com
Grupo Taranis