Notas
-
Máis de 600.000 investiu o Xacobeo na posta en marcha deste novo albergue de 615 metros cadrados que ofrece aloxamento a 56 peregrinos. A Xunta traballa na promoción das distintas rutas xacobeas de cara ao ano 2010, cun orzamento de 141 millóns de euros.
-
O Concello de Catoira construíu a nova nave, baseada no deseño do Gokstad, co fin de dar resposta á crecente demanda das persoas que cada ano desexan participar no asalto á fortaleza, ó tempo que se da maior espectacularidade ó evento. A 48 Romaría Vikinga de Catoira comeza coa V Rapa das Bestas do Xiabre.
-
A área de Cultura da Deputación Provincial e a Asociación de Hosteleiros presentan 200.000 baixos pratos promocionais da provincia de Lugo destacando lugares turísticos de interese e da Rede Museística Provincial como exemplo da riqueza patrimonial lucense.
-
Cinco grupos de música tradicional actúan en tres concellos da comarca galega de A Ulloa no programa que patrocina o Xacobeo. A AGG conta con máis de 600 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galicia exterior.
-
A Consellaría, a través de Turgalicia, busca o compromiso da cidadanía en xeral e dos profesionais da hostalaría en particular para reforzar a imaxe turística de Galiza entre os visitantes.
-
Innovación e Industria presentou na Exposición Internacional de Zaragoza a nova edición do Festival, promovido polo Concello de Ortigueira en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
-
Enmárcase nas accións de promoción do Camiño Inglés de cara ao vindeiro Xacobeo 2010.
-
Coincidindo coas Festas de Santa Isabel, celébrase a II Feira da Artesanía que reúne pezas procedentes, na súa maior parte, de recunchos da xeografía galega. Participan 72 artesáns de distintos sectores.
-
Turgalicia rubricou o acordo de colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural para elaborar novas propostas de paquetes turísticos para o Turismo Rural e apertura de mercados exteriores.
-
Promovida pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia a través do Xacobeo, presentáronse máis de 4.000 estudiantes á segunda edición do programa Contos do Camiño.