Notas
-
Brandán comunicación está a desenvolver, coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, unha campaña polo Camiño Inglés a Compostela informando sobre a presencia dos Camiños de Santiago en Internet.
-
Unha delegación da Consellaría de Innovación e Industria e mais do Consello de Cámaras de Comercio visita oficialmente os Países Baixos para establecer novas colaboracións coa súa Cámara de Comercio e mais coa Escola de Hostelería da Haia.
-
Ao longo do último cuadrimestre do ano presentará a oferta turística galega en oito cidades do Estado xunto a unha trintena de empresarios galegos e terá como eixe a comercialización do produto turístico galego e a promoción dos recursos a través das propias empresas turísticas galegas.
-
Unha oficina itinerante de Brandán Comunicación recorre o Camiño Norte a Santiago de Compostela, en campaña promovida por esta Axencia de comunicación en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
-
O establecemento de turismo rural situado na localidade de Dombodán foi construído en 1523 e na actualidade está rehabilitado con materiais propios da zona nun lugar de alto valor paisaxístico.
-
Durante nueve días la ciudad vivirá los festejos en honor de su patrón con actividades que atraen a cientos de miles de visitantes. El programa incluye la actuación de 24 artistas de reconocido prestigio.
-
A exposición itinerante En Camiño, promovida por Innovación e Industria a través do Xacobeo, inicia en Xenebra o seu percorrido europeo. A mostra sobre o Camiño de Santiago trasladarse tamén a Zurich, Frankfurt e Berlín.
-
Entre o 4 e o 5 de outubro celébrase na localidade lucense esta festa de interese turístico galego. A II Xornada de Cooperativismo, presentacións de libros e a farra da faba, entre as actividades propostas.
-
Do 22 ao 24 de setembro debátense en Lugo cuestións relativas ao tratamento da promoción e canalización do turismo nestes enclaves. O evento está organizado pola Liga das Cidades Históricas.
-
A Ribeira Sacra e A Mariña son os destinos máis solicitados das 89 rutas deste programa de visitas institucionais, pioneiro en España, promovido pola Deputación Provincial de Lugo, o que según o seu presidente manifesta o desexo de coñecer esta provincia galega.