A oficina itinerante da campaña Percorrendo Camiños, polo Camiño Inglés a Compostela

Dúas eran as cidades que constituían o punto de partida dentro de Galicia: A Coruña e Ferrol. Desde os portos destas cidades fluía unha corrente de peregrinación a Compostela, que se xuntaba en Bruma para nun solo camiño dirixirse a Santiago.
A Oficina itinerante ten visitado Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Culleredo, Cambre, e outras diversas localidades. Aínda que só se mencionan puntos específicos, pola versatilidade desta oficina, téñense efectuado paradas informativas nos diversos núcleos habitados da ruta.
Mesmo en cada localidade cámbiase frecuentemente de localización co fin de proporcionar unha máis completa atención ó público facilitando información sobre os Camiños.
Brandan Comunicación