Skip to main content

Campaña: Percorrendo os camiños

Unha oficina itinerante de Brandán Comunicación recorre o Camiño Norte a Santiago de Compostela, en campaña promovida por esta Axencia de comunicación en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Esta oficina itinerante informa sobre a presencia dos diversos camiños de Santiago en Internet, precisamente nos puntos máis importantes destes camiños en Galicia. Infórmase ó público nesta instalación itinerante sobre a información que na Rede se pode consultar en relación coas rutas a Compostela, destacando a páxina correspondente á Sociedade de Xestión do Xacobeo e a información contida no portal www.caminosasantiago.es, dentro da plataforma en internet www.galiciadigital.com.

A oficina ten visitado Vegadeo en Asturias, como punto de entrada do camiño Norte en Galicia, e logo estivo aberta en Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín e Vilalba, como puntos máis destacados desta ruta a Compostela que canalizaba o fluir de peregrinos procedentes do norte de España e de diversos pobos de Europa a través dunha ruta que deixando a zona costeira, cruzaba as difíciles terras de Mondoñedo e entraba por Abadín na ampla Terra Chá luguesa para rematar en Arzúa, entroncando nesta cidade co Camiño Francés que viña desde Roncesvalles –un millón de pasos- ata Compostela.


Brandan Comunicación