Skip to main content

Lourenzá celebra a XVIII Festa da Faba

Programa da Festa da Faba 2008:

XOVES 2
15,30 II XORNADA DE COOPERATIVISMO “Cooperación + IXP”
Lugar: Salón de Actos da Casa da Cultura

VIERNES 5
20,00 h. Presentación do libro “A Faba de Lourenzá”
Lugar: Salón de Actos da Casa da Cultura
21,00 h FARRA DA FABA (polbo servido por Rochela e discoteca movil MOURELLE)
Lugar: Cantón

SÁBADO 4
12,00 h. Apertura Feira Exposición
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
Apertura das Casetas dos Fabeiros
Lugar: Cantón
Apertura Exposicións
Exposición “Vento Mareiro” a cargo da Asociación Os Aventados (San Cibrao)
Lugar: Sala de Exposicións da Casa da Cultura
Exposición do “XII Concurso Fotográfico Festa da Faba”
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
Apertura Centro de Interpretación da Faba
Pasarrúas a cargo da CHARANGA DE VILALBA

13,00 h. Actuación a cargo dun grupo musical
Lugar: Kiosko da Música no Cantón

13,30 h. DEGUSTACIÓN DE FABA DE LOURENZÁ
En carpa e con viño galego denominación de orixe “Ribeira Sacra” da Bodega “REGINA VIARUM”
Lugar: Praza do Conde Santo

14,00 h. Xantar da 3ª Idade

16,30 h. OBRADOIRO DE REPOSTERÍA (dirixido ao público infantil)
Lugar: Praza doConde Santo

18,15 h. Recepción das autoridades e percorrido polas exposicións
Lugar: Praza do Conde Santo
18,45 h ACTO DE INAUGURACIÓN OFICIAL DA XVIII FESTA DA FABA a cargo do Conselleiro de Medio Rural, Excmo. Sr. D. Alfredo Suárez Canal
Percorrido polas casetas dos fabeiros e acompañamento da sección de gaita da Escola Municipal de Música “Osorio Gutiérrez”.
Lugar: Cantón

19,15 h. PREGÓN a cargo de: PIA LAGO RODRÍGUEZ (restauradora)
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

19,30 h. Actuación da ESCOLA DE MÚSICA “OSORIO GUTIÉRREZ”
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

20,15 h. Entrega de premios
XII Concurso Fotográfico Festa da Faba

20,30 h. Peche da Feira Exposición

22,30 h. Festa verbena a cargo do grupo LOS LADOS
Lugar: Cantón

DOMINGO 5
09,00 h. Apertura Mercado Fabas – venda ao por maior
Lugar: Recinto Mercado Comarcal
10,00 h. Apertura Casetas Fabeiros (Cantón)
11,00 h. Apertura
- Feira Exposición (Claustro do Mosteiro)
- Exposicións Casa da Cultura
Pasarrúas a cargo da CHARANGA DE VILALBA

13,00 h. COMIDA POPULAR de PRATOS con FABA DE LOURENZÁ
En carpa e con viño galego denominación de orixe “Ribeira Sacra” da Bodega “REGINA VIARUM”
Lugar: Praza do Conde Santo

13,30 h. Sesión vermut a cargo do grupo LOS LADOS
Lugar: Praza do Conde Santo

15,30 h. Festa Infantil (con inchables: Multiarcos, Rolo e Futbolín Humano)
Lugar: Praza do Conde Santo (en caso de choiva será no pavillón)

18,30 h. Actuación do GRUPO DE IMPROVISACIÓN do Conservatorio de Música de Viveiro
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

19,30h. Peche da XVIII Festa da Faba
20,00 h. Concerto a cargo de: SUSANA SEIVANE (patrocinado polo XACOBEO)
Lugar: Campo dos Bolos – Mosteiro San Salvador


O comercio permanecerá aberto na xornada do sábado e domingo
Todos os estabecementos hosteleiros de Lourenzá ofrecerán tapas con fabas dende o xoves día 2 ata o domingo día 5


A PREGOEIRA
Dª. Pía Lago Rodríguez (restauradora)

Esta restauradora galega leva 30 anos adicada ao mundo da hostelería. A pesar de seres de Corcubión pode ser considerada laurentina dado que ten unha traxectoria moi ampla no coñecemento, procedemento culinario, elaboración e promoción da faba de Lourenzá dende hai máis de 15 anos. Nas viaxes a outras comunidades para promocionar a faba ela é a cociñeira oficial da delegación do Concello de Lourenzá.

Participou en diversas Xornadas na Comunidade Catalana (Xornadas sobre a Montxeta e a Faba de Lourenzá, na Cuina del Valles) e máis na Comunidade Balear (Xornadas sobre a Faba de Lourenzá en Mallorca).

Participou no Fórum Gastronómico Santiago ‘08 cunha pequeña ponencia sobre a Faba de Lourenzá, e cunha elaboración de diversos pratos elaborados con esta preciada leguminosa.

Ademais é unha creadora de pratos elaborados con faba como: Ensalada de Verdiña con Pulpo e Algas a Vinagreta de Mel, Cazola de Verdiña ao Albariño con Moluscos, Zamburiñas Mariñadas con Verdiña, Faba de Lourenzá (branca) con Ameixas, Lombo de Porco con Fabas e Ameixas, Crema de Fabas con Longueirón e tinta de Calamar, Flan de Fabas con Calabaza Confitada ao Ouruxo...

Actualmente ten un restaurante no concello de Cee onde a faba de Lourenzá é un dos seus pratos principais.

CARTEL XVIII EDICIÓN: HOMENAXE Á GASTRONOMÍA

Co obxectivo de facer realidade un ano máis o eslogan que identifica a Festa da Faba: “Cando a Natureza é Arte”, a través do cal e dende o ano 2001 o Concello de Lourenzá elixe unha arte como protagonista cultural do evento, nesta edición, será a GASTRONOMÍA a arte que exercerá de referencia artística e cultural da XVIII Festa da Faba.

A CARTELERÍA
Para a concepción gráfica, seleccionouse como elemento central a figura dunha “avoa cociñeira” que sustenta nas súas mans unha cunca de barro con fabas e que simboliza dalgún xeito a cociña tradicional na que a faba ten un importante lugar. Esta imaxe vai acompañada dun fondo incomparable como é a imaxe da Fachada da Igrexa do Mosteiro San Salvador. Ditas imaxes ilustran con vida e cor a parte central do cartel conmemorativo deste 18º aniversario.

II XORNADAS DE COOPERATIVISMO AGRARIO “Cooperación + IXP”

A Festa da Faba este ano ARRANCA o xoves día 2 coas II XORNADAS DE COOPERATIVISMO AGRARIO que este ano, baixo o título COOPERACIÓN + IXP tratará de remarcar a importancia do asociacionismo para a COMERCIALIZACIÓN CONXUNTA dun producto, sobre todo no caso de ser tan homoxeneo e cunha producción limitada como é o caso da Faba de Lourenzá.

Este ano o ter a Faba de Lourenzá a PROTECCIÓN NACIONAL TRANSITORIA como paso previo a IXP as xornadas basearanse nun exemplo de cooperación e IXP, como é o caso da IXP Ternera Gallega que é o buque insigne das IXP en Galicia.

Contaremos coa presenza dun técnico da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural para poñer ó día ós asistentes da situación actual da IXP Faba de Lourenzá.

As ponencias serán as seguintes:

RECORDATORIO DO REXIME ECONOMICO E FISCAL DAS COOPERATIVAS. MEDIDAS DE APOIO E FINANCIAMENTO
Ponente: D. Manuel López (Xerente de Omega Consulting e especialista en Dereito Cooperativo)
MESA REDONDA: EXEMPLO COOPERACIÓN E IXP NO VACÚN DE CARNE GALEGO
Ponentes: D. Antonio Alvarez (Xerente de Artesáns Gandeiros S.C.G., vocal de Ternera Gallega e representante sectorial da carne en A.G.A.C.A.)
D. José López Viaño (Secretario do Consello Regulador da I. X. P. Ternera Gallega.)
SITUACIÓN ACTUAL DA IXP FABA DE LOURENZA
Ponente: Técnico da Consellería de Medio Rural.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FABA DE LOURENZÁ”

Na xornada do venres terá lugar a presentación do Libro “A Faba de Lourenzá”, que de forma modesta, intenta recoller a labor ó longo dos seus primeiros 15 anos de vida desta festa gastronómica. Trátase dun repaso sobre a historia da faba en Galicia, e especialmente en Lourenzá acompañada duha evolución cronolóxica da Festa da Faba e Lourenzá e sobor do traballo realizado dende o Concello para a súa promoción. Para a súa publicación contouse coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial


DEGUSTACIÓN FABA DE LOURENZÁ

Tentando aumentar cada ano a oferta gastronómica arredor da Faba de Lourenzá para acoller a demanda dos visitantes, a Organización decide dar un cambio na filosofía de degustación na que para esta edición se realizará unha DEGUSTACIÓN na xornada do sábado e unha COMIDA POPULAR con menú na xornada do domingo. Con elo o que se pretende é facernos eco das carencias apreciadas en anos anteriores en canto a cubrir a demanda de visitantes que queren comer en Lourenzá, polo que tamén se cambia a ubicación da carpa de degustación.

Ademáis como novidade desta 18 edición colaborarase con ACEGA (Asociación de Celiacos de Galicia) co fin de que todos aquelas persoas que padezan este transtorno alimentario de intolerancia ao glute e se acerquen a degustar as fabas nas Degustacións Populares que se ofrecen poidan comer sen ningún tipo de problema.

SÁBADO 4 DE OUTUBRO: DEGUSTACIÓN POPULAR
Nesta edición como acabamos de mencionar terá lugar por primeira vez unha degustación de fabas para que os visitantes que se acheguen a Lourenzá poidan degustar a faba.

Esta Degustación Popular de Fabas estará ubicada na Praza do Conde Santo e comezará a partires das 13,00 h. A Escola de Hostelería de Foz será encargada de cociñar a Faba de Lourenzá, con 2 especialidades diferentes tendo previsto repartir unhas 300 racións, entre as cuncas grandes e cuncas pequenas acompañada con degustación gratuita de sidra.


ESPECIALIDADES XVIII FESTA DA FABA:
 FABAS DE LOURENZÁ VERDINAS CON MARISCO
 FABAS DE LOURENZÁ CON CARNES DO VAL

Para os visitantes celiacos ofreceráselles este menú acompañado de pan sin glute

Por segundo ano consecutivo e tentando dar un maior impulso de calidade á propia degustación popular de fabas a organización porá á venta Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra da Bodega “Regina Viarum”, coa etiqueta conmemorativa deste 18º aniversario en Homenaxe á Gastronomía.

DOMINGO 5: XANTAR POPULAR con MENÚ - DEGUSTACIÓN
Nesta xornada teremos como novidade un XANTAR POPULAR composto por un Menú - Degustación, ofrecéndolle aos visitantes a posibilidade de degustar a Faba de Lourenzá nun menú de calidade creado específicamente para esta degustación.

A carpa estará novamente ubicada na Praza do Conde Santo e terá lugar o domingo 5 de outubro a partires das 13:00 h. A Escola de Hostelería de Foz será encargada de cociñar a Faba de Lourenzá, cun menú que consta de:

- Ensalada de fabas e productos de horta de Lourenzá, mariñados con vinagre de xerez e aceite de oliva virxe
- Volovanes recheos de picada de cogumelos e xamón serrano con fabas de Lourenzá
- Fabas con ameixas / Fabas con Carnes do Val
- Tarta de biscoito con crema de fabas en semifrío e resaltes de froitos silvestres

Asimesmo a organización porá á venda Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra da Bodega “Regina Viarum”, coa etiqueta conmemorativa deste 18º aniversario en Homenaxe á Gastronomía.

Paralelamente e en colaboración cos establecementos hosteleiros de Lourenzá dende o xoves día 2 ata o domingo 5 de outubro ofrecerán unha degustación de tapas con fabas, sendo un xurado popular o encargado de valorar ditas tapas. A entrega de premios terá lugar nun acto público na tarde do domingo contando coa colaboración da Bodega Regina Viarum.

Coma ben sendo habitual neste últimos anos na xornada do venres terá lugar a FARRA DA FABA na que se poderá degustar polbo servido por Pulpería Rochela de Vilalba acompañado da Discoteca Móvil Mourelle e que dalgún xeito servirá de preámbulo a esta festa gastronómica. Ao longo das dúas xornadas a Pulpería Rochela ofrecerá entre os seus pratos Faba de Lourenzá.

RECOLLIDA DE TICKETS E PREZOS
No “stand” de venda de tickets -situado ó carón da degustación- poderanse recoller os “tickets” para as distintas degustacións establecéndose para esta edición os seguintes prezos:

XORNADA DO SÁBADO - DEGUSTACIÓN
Cunca grande 5 €
Cunca pequena 2 €
 Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €

XORNADA DO DOMINGO – COMIDA POPULAR
Menú: 10 €
Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €

Asimesmo todos os asistentes poderán mercar no stand de Información – Praza do Conde Santo- artigos conmemorativos: camisetas, cuncas conmemorativas e postais.

EXPOSICIÓNS

Instalaranse dúas exposicións que representarán a arte da fotografía e por outra banda o conxunto de artes: escritores, artistas plásticos, fotógrafos e músicos.

EXPOSICIÓN “VENTO MAREIRO” a cargo co Colectivo Cultural OS AVENTADOS (San Cibrao) (ver anexo)
Este colectivo cultural dende a súa fundación no ano 1997 quere ser instrumento para aqueles artistas, escritores, creativos plásticos para a difusión da súa obra en exposicións, publicacións ou comunicacións de viva voz, traendo a Lourenzá diversos traballos artísticos, plásticos ou fotográficos que estarán ilustrados cada un deles cun texto en verso ou en prosa. Lugar: Sala de Exposicións da Casa da Cultura

EXPOSICIÓN XII CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA
O prazo para presentación das obras rematou o pasado 19 de setembro presentándose 40 participantes o que supón unn total de 160 fotografías tanto en cor coma en b/n, batendo un récord non só de participación senón tamén de obras fotográficas presentadas. Os premios faranse públicos no acto de entrega que terá lugar o sábado 4 de outubro ás 20,15 horas. OTM– Otero Transformación Maderera colabora no patrocinio desta actividade. Os Premios son:
- Gañad@r Serie “Libre/Lourenzá” .............................................. 500 €
- Gañad@r Serie Libre..................................................200€
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

OUTRAS ACTIVIDADES

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA
Por primeira vez dende o comité organizador quixose implicar ao público infantil e pensamos que a mellor forma podería ser a través dun obradoiro de repostería onde se elaborarán postres empregando como base a faba, algo que para eles será descoñecido, pero que de seguro elaborarán os mellores postres feitos con esta preciada leguminosa. Esta actividade está aberta para todo aquel interesado en sentirse e ser por unhas horas un auténtico pasteleiro. Levarase a cabo o Sábado día 4 a partires das 17,00 h na carpa sita na Praza do Conde Santo.

FESTA INFANTIL
Na xornada do Domingo 5 de outubro (15,30 – 19,30 h.) estarán instalados unha serie de inchables (futbolín humano, rolo e multiarcos) que farán as delicias dos pequenos e dos que non o son tanto. Lugar: Praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarase ao pavillón municipal)

ACTUACIÓNS MUSICAIS
Seguindo coa liña comezada en pasadas edicións na que tiveron lugar actuacións musicais de distinta índole, para esta edición non podíamos deixar de facer evidente o contar dentro do programa con espectáculos musicais que abrangueran distintos estilos:
Música jazz-pop a cargo do GRUPO DE IMPROVISACIÓN do CONSERVATORIO DE MÚSICA de VIVEIRO (ver anexo).
Música de rúa a cargo da CHARANGA DE VILABA.
 Música de orquestra a cargo do grupo LOS LADOS
Música tradicional, a cargo da ESCOLA DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ (ver anexo)
Música folk a cargo de SUSANA SEIVANE (ver anexo)
O MERCADO DE FABAS
Ao longo destes anos o Mercado de Venda ao por Maior en Lourenzá representa unha cita fundamental para productores e distribuidores na venda da faba. O volume de venda do mercado de Faba de Lourenzá vai a rondar os 200.000 K/ano (debido en parte ás condicións meteorolóxicas que non foron de todo favorables dando como consecuencia unha merma na producción ademáis dunha recolecta tardía das fabas). O pasado domingo 21 de setembro deu comezo a campaña de venda ao por maior que se vai a prolongar ata mediados de xaneiro prevéndose uns prezos para esta tempada que oscilarán entre os 7 e os 8€/K. Os datos en canto a producción e extensión de terreo plantado son:

 Producción de Faba de Lourenzá: 200.000 k/ano
 Extensión de terreo prantado: 150 hectáreas (2.400 ferrados)

A última actualización feita polo Concello de Lourenzá e finalizada o pasado 19 de setembro, sinala que hai 490 productores inscritos no Rexistro de Fabeiros, cun aumento de vinte productores máis que o ano pasado. Este rexistro creado no ano 2000 actualizase anualmente con productores procedentes de toda a comarca mariñana (A Mariña Ocidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental), representando así a “Faba de Lourenzá” unha das fontes máis importantes de desenvolvemento económico para a comarca.

FABEIROS e IXP

Pódese dicir que son os protagonistas por excelencia da Festa da Faba, e como tal resérvase un dos recintos para a súa ubicación. Nesta edición imos a contar con 9 fabeiros procedentes do Val de Lourenzá e Ribadeo, dos cales un deles produce faba ecolóxica. Todos eles exporán o seu producto nas casetas instaladas no Cantón. Os productores que participan son:

Fabas O Pontigo
Fabas Maruxa
Fabas Engracia
Fabas Ecolóxicas Maruxa Leitón
Fabas O Pimento
Fabas Manolo
Fabas Mª Carmen

A venda de Faba de Lourenzá baixo o amparo da IXP é a gran novidade desta edición sendo o INGACAL (Instituto Galego de Calidade) a institución encargada da auditoría e certificación da producción de Faba baixo a IXP, participando ademáis a Consellería de Medio Rural por primeira vez na Festa da Faba cun stand destinado á información dos productores no referente a IXP así como doutros temas dependentes da citada Consellería.
Compre destacar que os fabeiros participantes nesta edición están inscritos como productores no rexistro da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, aínda que só tres deles podrán vender as súas fabas baixo este amparo xa que ademáis están inscritos como envasadores. Cabe decir que o propio regulamento da IXP non ampara a venda a granel polo que para poder vende-la producción baixo a Indicación compre dispoñer do rexistro sanitario correspondiente como envasadores. O envase tipo para a IXP é de 1 kg.

EXPOSITORES DA FESTA DA FABA

Ademais dos postos de fabeiros o evento conta cunha Feira – Exposición na que este ano participarán máis de 30 expositores, con representacións de toda Galicia. Todos estes artesáns estarán arroupados nunha gran diversidade de sectores: artesanía en madeira, cestería, coiro, praterías, cerámica. Un ano máis contaremos cun stand reservado para a asociación de comerciantes – ACIAL- co fin de promocionar o comercio local a través do mesmo. A feira - exposición da XVIII Festa da Faba está ubicada no Mosteiro de San Salvador en 2 espazos claramente diferenciados: Claustro do Mosteiro e Claustro do Pozo Santo. As datas e horarios e apertura da exposición de Fabeiros e Artesáns serán os seguintes:
Data: Sábado, 4 de outubro de 2008
Horario: 12:00 - 15:00 h. e de 16:30 - 20:30 h.
Data: Domingo, 5 de outubro de 2008
Horario: 11:00 - 19:30 h.

AGRADECEMENTOS

 Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Turismo
 Xacobeo
 Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia Primeira
 Fundación Comarcal Mariña Central
 Caixa Rural Galega Obra Social Caixa Galicia
 OTM (Otero Transformación Maderera)

COLECTIVO CULTURAL OS AVENTADOS
EXPOSICIÓN VENTO MAREIRO

O colectivo cultural de OS AVENTADOS nace no antigo Porto Baleeiro e das reais Fábricas de San Cibaro en 1997. Aberto a todos aqueles cidadáns do mundo que sintan o vento como fonte de inspiración para crear ou comunicar ó resto da humanidade. O Colectivo quere ser instrumento para aqueles artistas, escritores e creativos que desexan difundir a súa obra en exposicións, publicacións ou comunicación de viva voz. Pero tamén naceu coa vocación de indagar, impulsar, divulgar e investigar as raizames e as costumes da cultura galega, xeral ou propia da antiga Provincia de Mondoñedo.

O colectivo está composto por escritores de poemas, relatos, lendas, feitos históricos ou de actualidade empregando como lingua de comunicación e identificación a nosa lingua galega. O colectivo está composto por artistas plásticos que, nas súas diferentes modalidades, non só dan a coñecer a súa obra, senón tamén o discurso do seu pensamento coas xentes e a natureza da nos aterra. O colectivo conta con fotógrafos que transmiten a realidade específica da paisaxe dos paisanos da nosa Galicia Mariñeira, campesiña e inmortal. O colectivo conta ademáis con músicos que promocionan as melodías populares e tradicionais, propias dos nosos mellores compositores.

Dentro do apartado cultural da Festa da Faba de Lourenzá, Os Aventados participrán organizando unha exposición colectiva, en torno ao tema “Vento Mareiro”. Cada obra plástica ou fotográfica, será ilustrada cun texto en verso ou en prosa. A exposición, será inaugurada o día 4 de Outubro e permanecerá aberta ata o día 12.

Participan os seguintes artistas:

Pintores:
Xoan Guerreiro - Roque Fanego – Juanel - Quique Guerra
Pablo Libio - Hipólito Xeada - Fran Amat
Ceramistas
Otero Regal - Chus Lopez Lage – Francisco Santos
Fotógrafos
Diego Casado - Javier Sánchez
Escritores
Paco Rivas - Goretti Diaz - Xoan Neira - Pablo Mosquera - Luisa Caramés

GRUPO DE IMPROVISACIÓN DO CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VIVEIRO

Agrupación musical do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro que foi fundada polo profesor laurentino Lino Rico no ano 2001 para experimentar diversos estilos musicais diferentes ás ensinanzas clásicas. Nesta agrupación están representados todos os estilos, dende estándar de jazz, composicións propias, ata temas que marcaron época. O seu estilo podería denominarse jazz-pop.

Actuaron en diversos concellos mariñáns e en centros musicais da Comunidade Autónoma

A agrupación está composta por:

-LINO RICO, profesor de piano e acordeón no Conservatorio de Música de Viveiro, e tamén polifacético músico que fixo incursións en todo tipo de estilos, demostrando a súa versatilidade en todo tipo de agrupacións. No Conservatorio é o encargado da innovación na recentemente creada asignatura de conxunto, e tamén é Director do Grupo de Improvisación.
-FELIPE SÁNCHEZ, extraordinario guitarrista viveirense que demostrou dominar todo os estilos na guitarra clásica e especializouse sobre todo na música de jazz, á que aporta o seu peculiar estilo con este instrumento. É tamén o vocalista da agrupación.
- DAVID BELLAS, músico viveirense que destaca innovando na gaita galega, coa que gañou numerosos concursos dentro e fora da xeografía galega. Nesta agrupación toca o saxo tenor e saxo soprano, instrumentos nos que destaca polas súas excelentes improvisacións.
-JUAN CARLOS GARCÍA, profesor de clarinete do Conservatorio de Música de Viveiro, é un músico innovador e versátil, que destaca nas súas concepcións da didáctica musical. Nesta agrupación toca o baixo eléctrico.
-LUIS FELIPE BLASCO ALVAREZ, máis coñecido como “FINO” nome polo que quere que se lle chame a este extraordinario batería que veu dar a Viveiro das mans da orquestra Variedades. Colabora en varias agrupacións do Conservatorio donde aporta a frescura de un excelente músico que tocou todos os estilos e con moi variadas agrupacións.
Colabora:
-MAIKA ALONSO, recoñecida cantante asturiana especializada en eventos relixiosos, que colabora co Grupo de Improvisación en diversas actuacións. Forma parte do dúo “Maika y Johani” que desarrollan actividades musicais en toda sorte de programas culturais en concellos, asociacións e diferentes encontros da sociedade civil.
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ”- LOURENZÁ
No ano 1985 crease a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez (toma o nome do fundador da Vila, Conde Santo) co fin de difundir e dinamizar a cultura galega en xeral, nas súas distintas manifestacións, estando vencellada dende esta época á dinamización da vida cultural do Concello de Lourenzá.

Nos seus comezos tivo en funcionamento una escola de música e danza tradicionais con máis de 80 mozos e mozas, chegando a formarse un grupo de gaitas e baile tradicional e tamén una escola de teatro que representaba as súas obras no propio concello e os arredores. Participou en varias actuacións que tiveron lugar en varias vilas de Galicia, Asturias, León e mesmo no país veciño Portugal.

Tras a sucesión de diferentes directivas, a primeiros do ano 2006 xurden dificultades para crear una nova directiva non habendo ninguén que se queira poñer ao frente da mesma polo que son un grupo de nais as que se fan cargo pedíndolle colaboración ao Concello, o cal se amosa moi interesado e proponse a creación dunha Escola Municipal de Música e Danza tradicionais.

Deste maneira é como comeza a súa nova andaina, pasando a denominarse esta renovada agrupación como “Escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez”. Entre as súas actividades actuais incluense as seguintes: actuacións do grupo de gaitas, baile e pendereteiras, actividades docentes cos grupos infantís e xuvenís de gaita, percusión e baile tradicional, canto e pandeireta, organización da II Mostra Folklórica (celebrada o último fin de semana de agosto e no que participaron grupos procedentes de Avilés, Boiro e Portugal).

SUSANA SEIVANE
Naceu en Barcelona no ano 1976, é a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e zona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia.

Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Alvaro Seivane e influenciada por Mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Un estilo xenuino que está presente na forma de tocar de Susana, pois ela sabe sintetizar o estilo “enxebre” dos antergos gaiteiros. Máis ela tamén é quen de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencias doutras músicas; para isto rodéase dun elenco de músicos moi novos que aportan frescura e orixinalidade ao seu espectáculo.

En 1999 edita o seu primeiro disco “SUSANA SEIVANE” producido por Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro. Este traballo baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escenarios de Folk Nacional e Internacional, acadando grandes éxitos e loables críticas. O seu primeiro disco edítase en Europa, EEUU e Canadá.

Co seu segundo traballo “ALMA DE BUXO” (2001) producido por ela mesma, baixo o asesoramento de Rodrigo Romaní. Consolídase como artista galega de referencia no panorama Folk. Neste colaboran artistas da importancia de Uxía Senlle, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní entre outros, merecendo especial mención a colaboración do seu avó Xosé Manuel Seivane.

No ano 2001 resultou unha das finalistas dos INDIE AWARDS, os prestixiosos premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente de E.E.U.U. (AFIM) na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

MARES DE TEMPO (2004) foi o terceiro traballo de Susana Seivane nunha traxectoria imparable que a está a levar polos mellores escenarios tanto do territorio nacional como internacional. Sen abandonar a tradición e as raíces da música galega a artista quixo dar un importante paso con este albume. A innovación dos arranxos máis coidados na selección dos temas é un proxecto no que Susana quixo rodearse dos músicos da súa banda que a levaban acompañando nos últimos anos ademáis de contar con intérpretes coñecidos como Roberto Somoza, Quique Alvarado, Xavier Cedrón, Viascón Guadi Galego,… Pero quizabes o máis sorprendende é, que sen deixar de ser o que é ante todo, gaiteira, incorpora o son da súa voz.
Concello de Lourenzá