Notas
-
O espectáculo de luz e fogos da noite do 24 na Catedral será unha viaxe multimedia polos sentimentosMáis de 2.000 quilos de material pirotécnico están preparados para unha exhibición de 36 minutos nos Fogos do Apóstolo. Haberá un espectáculo multimedia protagonizado por sentimentos humanos, transmitidos a través das cores, da poesía e dos propios fogos.
-
El nuevo proyecto que fue presentado por la Secretaria de Estado de Turismo engloba a 60 centros termales en funcionamiento en toda España. Los técnicos de la Federación Españolas de Municipios visitaron hace Mondariz Balneario y de la mano del alcalde José Antonio Lorenzo visitaron las instalaciones del balneario y la planta de Aguas de Mondariz.
-
Augas de Mondariz financia con 500.000 euros o proxecto do Xacobeo para o Ano Santo. A promoción do Xacobeo 2010 realizarase a través dos medios e soportes utilizados por Aguas de Mondariz.
-
A secretaria xeral para o Turismo tamén pretende reforzar o turismo de saúde en Galicia coa creación dun centro específico de formación e investigación.
-
A Comisión de Goberno mostrou a súa satisfación polos 400.000€ destinados ó Concello de Palas de Rei por parte de Fomento para o acondicionamento e mellora do Camiño de Santiago o seu paso por Palas de Rei.
-
Wolfstone, Xosé Manuel Budiño, Michael McGoldrick, Susana Seivane, Battlefield band ou Fred Morrison, entre as principais figuras do cartel do 2009 presentado pola secretaria xeral para o Turismo, o alcalde de Ortigueira e o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo.
-
Sevilla acolle a xuntanza avaliadora das candidaturas a Patrimonio da Humanidade da Unesco na XXXIII Sesión do Comité do Patrimonio Mundial que decidirá sobre os 37 proxectos finalistas.
-
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, presentou en Santiago de Compostela estas dúas accións de promoción, consensuadas co sector turístico galego, para incentivar a demanda turística.
-
A Secretaría Xeral de Turismo e Turgalicia avanzan as conversas co presidente da Federación Exipcia de Turismo con quen se comprometeron a colaborar para a apertura dunha escola de hostelería en Minya.
-
O Goberno central distingue á vila con este recoñecemento honorífico que só teñen outras catro festas galegas. Os primeiros debuxos florais que constitúen o cerne da festa comezaron a facerse xa nas primeiras décadas do século XX.