Notas
-
A Consellería de Cultura e Turismo convoca por primeira vez 56 bolsas de formación especializada para a realización de prácticas nos municipios declarados de Interese Turísitico de Galicia, no marco do Ano Santo no que se prevé un incremento de visitantes.
-
Músicas de todo o mundo daranse cita na Semana Santa de Compostela a través do V Festival de Músicas Contemplativas co que colabora o Xacobeo con motivo do Ano Santo e como aposta pola interculturalidade.
-
Bajo el lema Imagina un mundo: Terra Chá, se presentaba en Fitur 2010 la oferta turística de la Mancomunidad de Terra Chá. Su presidente y alcalde de Cospeito, Armando Castosa, entregó al conselleiro de Cultura e Turismo de la Xunta un kit de senderismo para peregrinos.
-
Todas as localidades que forman parte da iniciativa Cidades Romanas do Atlántico acudirán entre maio e xuño a Pontevedra para asinar o convenio que porá en marcha esta rede de cooperación.
-
A Consellería de Cultura e Turismo, Turespaña e os doce concellos ourensans, limitrofes con Portugal e Castela-león, asinarán, xunto co sector privado, o plan “Portas de Galicia” por un importe total de 2.500.000 euros.
-
Galicia e Madrid avanzan na creación da comisión bilateral para a Cidade da Cultura e o Xacobeo 2010A Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura avanzan na xuntanza de traball mantida en Madrid na creación dunha comisión bilateral para impulsar a Cidade da Cultura. Tratouse, tamén, a participación de institucións nos actos do Xacobeo 2010.
-
O Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia -Sónar 2010- confirma aos dous cabezas de cartel para as edicións de Sónar Barcelona e Sónar A Coruña os días 17, 18 e 19 de xuño: Air e LCD Soundsystem.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo animou ao sector hosteleiro a “seguir facendo da calidade a sinal de identidade dos produtos e servizos turísticos en Galicia”.
-
Galicia foi distinguida como completo destino turístico mirando cara o Ano Xacobeo pola revista Viaxes e Turismo, nunha gala que se celebrou en Madrid e que ten como principal obxectivo distinguir os destinos internacionais e nacionais por iniciativas innovadoras.
-
Coincidindo coa celebración do Xacobeo e do Ano do Libro e da Lectura, ao que se destinarán máis de 3 millóns de euros, a capital de Galicia acolle en 2010 a segunda Conferencia Sectorial de Cultura que contribuirá a situar a Galicia no centro do debate intelectual e da interacción cultural.