Notas
-
O xerente do Xacobeo 2010 asiste en Wakayama ao Foro do V aniversario da inclusión do Kumano Kodo no rexistro de Patrimonios da Humanidade da Unesco. A promoción do Xacobeo 2010 en Xapón e Corea xa é unha realidade.
-
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo abre o procedemento para patrocinar congresos, simposios, encontros, cursos e xornadas en Galicia durante o ano 2010 e por un importe dun millón de euros. Especialmente valoradas serán as apostas innovadoras sobre a temática xacobea, que potencien a programación cultural e que atraian a Galicia a expertos e profesionais de renome.
-
A Consellería de Cultura e Turismo, Turespaña, o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra, asinaron o convenio do plan de competitividade co obxectivo de acadar innovación, calidade, sostibilidade e competitividade turística.
-
Galicia rexistrou en setembro un 3,8% máis de viaxeiros aloxados en hoteis que no mesmo mes de 2008. Según o INE aloxáronse en hoteis 365.000 viaxeiros. Este dato contrasta coa media española onde se reduciu.
-
A Secretaría Xeral para o Turismo destinará en 2010 tres millóns de euros a unha liña de axudas para incentivar o investimento en termalismo. A medida anunciouse durante o IV Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, no marco da IX Feira Termatalia.
-
El restaurante Paprica ha sido galardonado entre los más de 40 establecimientos participantes con el primer premio del 5º Concurso de Tapas de Lugo por su combinación de solomillo de cerdo, tocino real, queso San Simón y cerveza negra.
-
O Debate do Estado do Turismo é unha iniciativa novidosa que ten por obxectivo deseñar as liñas estratéxicas en materia turística tendo en conta a opinión do sector. No borrador do plan elaborado por Manuel Figuerola preséntanse más de 80 liñas de actuación en materia turística realistas, viables e executables.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo avanzou no Parlamento que xa se iniciaron os trámites para recuperar, a través do Xacobeo e mais de Turgalicia, a conexión Santiago-París en voo de baixo custo de cara ao Ano Santo galego de 2010.
-
Entre o 23 e o 25 de setembro o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela acolle o curso da UIMP titulado Patrimonio e Turismo: a xestión. Problemática, Retos e Oportunidades, que dirixe o experto Mario Crecente.
-
O programa, deseñado por Turgalicia en colaboración con Agatur e Fegatur, comeza o 15 de setembro e pode disfrutarse en máis de cen casas de Turismo Rural de toda Galicia. O obxectivo é pór en valor a oferta gastronómica deste tipo de establecementos e contribuír á desestacionalización turística.